Sorprendeume a lectura do novo libro de Iria Misa e a súa Cidade do átomo, publicada por Xerais, IV Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade 2021 con ilustracións de Sonia García. Aínda que a protanista é unha rapaza, creo que a verdadeira protagonista é a Soidade, xa que a nena desexa e busca a amizade por riba de todo, unha nena que vive soa, entre as ruínas, e que persegue sobre todo atopar un acubillo que a defenda desa soidade inmensa que a envolve nunha cidade decrépita. Á marxe disto, chama a atención a coidada documentación que a autora realizou para esta escrita: temos unhas coordenadas espazo-temporais precisas que nos levan moi lonxe, a Pripiat, un lugar a carón de Chernobil que quedou devastado e que é un elemento importantísimo no libro, así como o seu folclore e tradicións.
O libro acompáñase de extras e códigos QR que son elementos enriquecedores para que o lectorado máis novo acuda a unha información disponible na rede.
Sen comentarios
Publicar un comentario