A guerra con ilustracións de Federico Delicado. Podedes imaxinalo? Xa coa portada sabemos que queremos este libro. Logo, veñen os nomes das persoas que asinan estes relatos, nomes importantes que admiramos: Elvira Menéndez, Rosa Huertas, Antonio García Teijeiro, Mónica Rodríguez, Carmela Trujillo, Gonzalo Moure, Daniel H. Chambers. Sete nomes para sete relatos que evocan outros sete nomes importantes das letras universais. De marco, unha guerra. Calquera guerra, porque... que diferenza hai entre unha guerra e outra? A crueldade? O afastamento? A morte? A tristura? A destrución? Sexa cal sexa a guerra, o resultado é o mesmo. Por iso, estas páxinas falan da importancia que ten a historia, lembrala para non repetila, recordala para fuxir do innecesario.
Escritos en la guerra está publicado por Kalandraka.
Sen comentarios
Publicar un comentario