Logo das dúas primeiras entregas deste cómic, temos arestora un terceiro, Animalia 3. Azul, que nos leva ata os océanos para ver as peripecias de peixes e animais que viven no mar, xunto co perigo dos seres humanos e o lixo que alí bota. Xosé Tomás segue a liña anterior para denuciar, a través do humor, a situación que se vive no mar e tamén para contarnos algunhas das circunstancias que estes animais viven. Un cómic moi recomendable para o lectorado máis novo que cumpre unha función especial: encher o gran oco que existía neste xénero en galego como lectura para a infancia. Divertido, irónico e transmisor cultural, unha oferta para non perder.
Publica Xeraishttps://www.xerais.gal/libro.php?id=6485308.
Sen comentarios
Publicar un comentario