Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/12/08

Bone



Non coñecía estes cómics e encantáronme. Veño de ler a segunda e a terceira entrega; edición ben coidada, papel e cores marabillosos. Parece ser que a cor é posterior porque nun principio eran en branco e negro, pero sentar, séntalle de marabilla. O seu autor é Jeff Smith. Das mellores novelas gráficas que existen.

As aventuras de BONE comezan cando tres curmáns son expulsados de Boneville e se perden nun deserto. Cada un polo seu lado consegue chegar a un val boscoso poboados por marabillosas e terroríficas criaturas.

A segunda entrega chámase "La gran carrera de vacas". Aínda que non lin a primeira entrega é fácil intuír o que ocorreu. Divertido, cun bo guión, e uns debuxos magníficos. Plans que se torcen e aventuras deliciosas.

A terceira entrega leva por título "Los ojos de la tormenta". A historia vólvese moi seria con soños premonitorios e unha avoa que esconde segredos e misterios. Para saber que acontece, terei que conseguir os seguintes libros.

Coidado! poden crear adicción!.





Ángulo perfecto

Chegoume esta presentación de fotografías moi ben intencionadas. E, casualmente, topei máis aquí, onde podedes premer para ver as que lle faltan ao "slide" que vos deixo. Hai algunhas realmente curiosas:

06/12/08

Visita a Cultur.gal 2008


Veño de visitar Cultur.gal na Coruña, a feira das industrias culturas galegas. Aledoume moito saudar a quen alí vin e entristeceume non facelo a quen sei andaba ou andou pola feira. Como sabedes, Culturgal é unha plataforma para o libro, o audiovisual, a música, as artes escénicas, os servizos socioculturais e as novas tecnoloxías da cultura e do lecer do noso país. E de todo isto topei.
Non fun o ano pasado a Pontevedra. Estiven aquí moi pouco tempo. Por tanto, a miña crítica ten moi poucos elementos que a sustenten. Fáltame información. Pero só unha pregunta que necesito botar ao ar, quizais alguén ma queira contestar: só isto é a cultura dun país? Onde o saber científico? Onde a investigación? Para que un país sexa declaradamente culto (e o noso non o é), ten que cumprir con todos os saberes. Unha feira da Cultura Galega non está completa, creo eu, se mantemos este Cultur.gal. Debemos ser quen, como país, de abrirnos e de explorar máis ámbitos da cultura e do saber.


Zeitgeist

Zeitgeist (espírito do tempo, espírito da era) é un documental do ano 2007 que fai unha análise racionalista e histórica da estratexia e cálculo político, de crenzas relixiosas e institucións políticas e económicas ademais dunha dominación absoluta e inherente ás institucións de control social convencionais.
Estruturado en tres partes, a primeira é unha exposición do cristianismo como unha mitoloxía astrolóxica que é o terreo aboado para que as masas crean cegamente en mitos, a segunda expón o funcionamento da propaganda e adoutrinamento mediático logrando que os propios cidadáns permitan seren máis controlados polos seus gobernos, e a terceira fala sobre a xeopolítica e economía global enfocándose no monopolio dos cartos e o gasto militar.

Como están en Youtube e non se podan colgar aquí ("inserción desactivada por solicitude"), déixovos as ligazóns para que vexades alí os vídeos:

http://www.youtube.com/watch?v=zUzPfxtXltI

http://www.youtube.com/watch?v=msQkibVrcKQ

http://www.youtube.com/watch?v=__sqk7uTD-k&feature=related



Faladores

Para comezar a ponte con humor... e cun loro máis lista cá fame:



05/12/08

De cartón

Unha iniciativa alternativa dunha editorial, Eloísa cartonera, que merca o cartón da rúa e convírteo en cubertas de libros previamente decoradas. Non hai dous libros iguais e custan cinco pesos. Un exemplo a seguir:




Vía No sólo libros

Non á violencia contra as mulleres (LXVIII)

Desde Chile:

04/12/08

Sony Bravia

Desa publicidade que chama a atención:



Vía

Obxectivo Aberto

Esta fotografía pertence a Susana Vera, primeiro premio do concurso "Obxectivo Aberto": bebé de Malawi.

Os mellores?

Unha das miñas ex-alumnas máis queridas mandoume esta presentación que afirma contén "os mellores anuncios". Non é certo. Tentade descubrir un manifiestamente machista e dicídemo. Ese creo que debería estar prohibido... pero agardo as vosas opinións. A ver se vemos o mesmo ou non.

03/12/08

Lectura en galego do ano

Seguindo a idea de Antonio e dándolle as máis expresivas grazas, o noso Equipo de Normalización Lingüística vén de convocar o Primeiro Concurso de Lectura en Galego do ano. Só tedes que pensar que libro lestes na nosa lingua ao longo deste ano 2008 que credes paga a pena recomendar porque vos encantou. É moi fácil votar, así que... animádevos! Seguro que recibides algún agasallo! Tedes en todas as aulas un tríptico informativo, que tamén vos deixamos aquí.
Estamos desexando coñecer os vosos gustos literarios.



Vístomengalego

Por terceiro ano consecutivo, o Equipo de Normalización Lingüística organiza o concurso "Vístomengalego", unha oportunidade para convertervos en deseñadores de camisetas que falan galego. Anímadevos a participar e a lucir os vosos propios deseños! Ademais, teredes un fermoso agasallo (e non falamos do prezo!).


Lembrade que o prazo remata o día 14 deste mes.

Grazas, Suso, polo cartel.

Sempre hai un lugar para a poesía (LI)



En Digizen topei un "post" que me fixo deter atentamente sobre a súa lectura: "Poemas desde Guantánamo: los detenidos hablan". Guantánamo. Unha máis das vergoñas da humanidade que esquecemos no devir cotián. Unha violación máis aos Dereitos Humanos dos que axiña falaremos porque é o seu día. Un lugar do que habería moito que falar. Pero miramos para outro lado, coma sempre.

Dous poemas.

. O primeiro, POEMA DE MUERTE, forma parte dunha carta que Jumah al-Dossari escribiu ao seu avogado antes de tentar suicidarse. Na actualidade está en Arabia Saudí, seguindo un programa de rehabilitación.

Tomad mi sangre.
Tomad mi sudario de muerte y
Lo que queda de mi cuerpo.
Tomad fotografías de mi cadáver en la tumba, solo.

Enviádselas al mundo,
A los jueces y
A la gente con conciencia,
Enviadlas a los hombres de principios y mente justa.
Y dejad que carguen con su culpa, ante el mundo,
Por este alma inocente.
Dejad que pese sobre ellos, ante sus hijos y ante la historia,
Esta alma inocente destruida,
Esta alma que ha sufrido a manos de los “protectores de la paz”. Enviadlas a los hombres de principios y mente justa.
Y dejad que carguen con su culpa, ante el mundo,
Por este alma inocente.
Dejad que pese sobre ellos, ante sus hijos y ante la historia,
Esta alma inocente destruida,
Esta alma que ha sufrido a manos de los “protectores de la paz”.


. O segundo foi escrito por Sami Al Haj para o seu fillo:

Al oír las palomas arrullando en los árboles,
unas lágrimas cálidas surcaron mi rostro.
Cuando cantó la alondra, mi mente compuso
un mensaje para mi querido hijo.
Mohammad, ¡qué afligido me siento!
En mi pesar sólo Alá puede darme consuelo.
Los opresores juegan conmigo,
mientras se mueven libres por el mundo.
Me piden que espíe a mis compatriotas,
y alegan que sería una buena obra.
Me ofrecen dinero y tierras,
y libertad para ir adonde quiera.
Sus tentaciones captan mi atención
como un relámpago en el cielo.
Mas su regalo es una pérfida serpiente
cuyo veneno es la hipocresía.
Levantan monumentos a la libertad
de obra y opinión, que es algo loable.
Pero les digo que arquitectura
no es sinónimo de justicia.
América, cabalgas a lomos de huérfanos,
y los atemorizas a diario.
Bush, ten cuidado.
El mundo sabe ver a un mentiroso arrogante.
A Alá dirijo mi súplica y mis lágrimas.
Anhelo mi hogar y estoy oprimido.
Mohammad, no me olvides nunca.
Defiende la causa de tu padre, un hombre temeroso de Dios.
He sentido la humillación de los grilletes.
¿Cómo puedo crear versos? ¿Cómo puedo escribir?
Después de los grilletes y las noches y el dolor y las lágrimas,
¿cómo puedo escribir poesía?
Mi corazón es como un mar bravo, agitado por la angustia,
frenético por la pasión.
Estoy cautivo, pero mis captores son los criminales.
Me sobrecoge la aprensión.
Señor, llévame con mi hijo Mohammad.
Señor, permite el triunfo de los justos.


Dans la tête

Simpática curta de animación realizada por catros estudantes de ESMA en Montpellier; trata dun mozo que deixa a súa moza para inscribirse no exército.



Vía Recogedor



02/12/08

El Baño del Papa

Un filme sobre a pobreza e as súas ilusións.

Na cidade uruguaia de Melo, os máis pobres contrabandean a diario atravesando en bicicleta sesenta quilómetros de fronteira entre Brasil e Uruguai. O día no que se sabe que o Papa Xoán Paulo II virá a Melo, as previsións máis optimistas falan de 50.000 devotos que anegarán a cidade para ver ao pontífice. Cunha euforia xeral, todas as familias humildes da cidade empéñanse en empréstimos ata as cellas para montaren pequenos postos ambulantes cos que saír da súa miseria cotián.
Pero o papa non fará o que todos pensaban: onde ía dar unha multitudinaria misa, dará un breve discurso, e todo se truncará. Está baseada nunha historia real, dura, que só consegue atemperar e encandilar o humor e a visión desa esperanza permanente por mellorar, de levantarse tras a caída.
A película está dirixida por Enrique Fernández e César Charlone.



Vía Capítulo 0

A canción por rematar

"Din que se creou a choiva polo pranto do que ten... preocupado polo que non ten"

Erizo e Teo Cardalda interpretan "Rir, a canción por rematar", onde podemos maxinar que a fame deixa de formar parte das fronteiras da desigualdade. Un soño que dubido se faga realidade.





Vía

A natureza é matemática

O libro da natureza está escrito con carácteres matemáticos (Galileo) .

Un magnífico video sobre a matemática, a xeometría, o estudo de planos, ángulos e sólidos. Para o meu compa de blogue e mellor amigo, matemático sensíbel.



Vía A biblio de Mondego


E para que quede completa a dedicatoria déixovos unha presentación moi instrutiva sobre os números

01/12/08

Día Mundial contra a SIDA


Empeñados en lembrar días que non son días senón que son anos: axuda a deter a SIDA, está nas túas mans, utiliza preservativo e faite as probas pertinentes. Arestora, hai moito perigo entre a xente nova quen cre que a enfermidade apenas existe.
Segundo a OMS, a finais do 2007 había 33,2 millóns de infectados polo VIH; ese mesmo ano infectáronse 2,5 millóns de persoas e 2,1 millóns morreron de SIDA, entre eles 330000 nenos. Dous terzos das infeccións por VIH prodúcense na África subsahariana.
Unha enfermidade que segue a matar a miles de persoas en todo o mundo. Sobre todo en África. Estímase que dentro de 10 anos a cifra de mortes por SIDA só neste continente superará a das vítimas da Primeira e da Segunda Guerra Mundial.








Unha nova amiga vén de mandarme esta ligazón que deberiades procurar: paga a pena traballardes con ela.

http://www.sida-porunhavez.org/


O futuro dos libros

Xa sabedes que adoro os libros. Non só me gusta ler, senón que me gusta telos na man, follealos, ulilos, posuílos, mercalos, recomendalos... por iso sigo con interese o debate permanente sobre o seu futuro. Seguirán a existir dentro duns anos tal como os coñecemos ou leremos en pantallas, e-books? Parece que as editoriais (e penso nas galegas) van ter que comezar a brincar.
Déixovos aquí un vídeo que vin en Comunicación Cultural sobre este tema. Javier Celaya e Nacho Fernández impartiron un taller sobre Dixitalización:


El inquietante futuro de los libros from FICOD 2008 on Vimeo


Vía Comunicación Cultural


La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina

O malo do libro é que xa o rematei. O peor é que non chega ás 800 páxinas. O tráxico é que o autor só nos deixou un máis e teremos que agardar ata o 5 de xuño do ano próximo.
Cando se puxo á venda o día 25 (que data tan escollida!!!) e estabamos na libraría, alguén fantaseou con que quizais este non nos gustase; pero eu non contemplei esa posibilidade: o autor pechárase para denunciar os malos tratos que sofren as mulleres nesta sociedade tan "sensible" e "progresista", así coma os abusos do poder. E acertei. O libro déixase devorar palabra a palabra, liña tras liña, mantendo o interese até a derradeira páxina. Se o seu primeiro libro -do que xa vos falei- estaba ben, este gustaravos máis, se cabe. Que conste, que pretendía que me durase toda a fin de semana, pero o anceio por chegar ao final, por temer os acontecemento, facía que o libro se convertese nunha prolongación do meu brazo. Supoño que este é o mérito do libro e do seu autor: sermos incapaces de abandonar a súa lectura.
Que os personaxes sexan tan intrincados, que a trama sexa de pura novela negra, seguramente, é o esencial. Pero a denuncia que subxace é para min o alarmante. Se na primeira entrega ofrecía datos demoledores sobre a violencia de xénero, nesta conxuga o poder das matemáticas co tráfico indiscriminado de mulleres do este para seren prostituídas. Nun país que pensamos sempre como dunha das sociedades máis civilizadas do planeta, os datos son alarmantes.
Nesta segunda entrega entendemos o por que do carácter da protagonista. Unha personaxe que non nos deixa indiferentes, como non o fai ningunha das personaxes femininas que arrasan no libro. Este é outro mérito do autor: a crenza total na igualdade dos sexos, que se fai sentir detrás das características das que impregna as mulleres do libro.
Non vos conto de que vai por ser innecesario: podedes lelo na contracapa se tedes o libro a man ou buscando información del na rede. Só vos recomendo a súa lectura.



Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.