Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/03/11

Madagascar, diario de viaxe

"A Famadihana é un costume malgache que significa “regreso dos muertos”. Demostra a importancia do culto aos antepasados e é a ocasión de importantes festividades, danzas e sacrificios de cebús.
O filme está rodado como un diario de viaxe que segue o percorrido dun viaxeiro occidental en busca destes costumes. Pasan as páginas, anímanse os debuxos, desfilan as luxuriantes paisaxes de Madagascar. Poden empezar as celebracións…"
Tamén nominado aos Óscars deste ano.



Vía

Con sangue

Temos falado moitas veces da publicidade das Librarías Gandhi como exemplo de bo humor e bo facer que poderían copiar no noso país. Un exemplo máis que nos chega vía Miguel Calvillo; a nota, un 10:


Si la letra con sangre entra,
el país ha de estar leyendo mucho.


El libro de los conejitas suicidas



O primeiro que chama a atención deste libro é o título, desde logo: El libro de los conejitas suicidas. Pero, claro, cando o abres e ves que realmente o autor amósanos algo tan incrible como que os coellos buscan unha e mil formas de se suicidar, xa non podes parar... de miralo, de rir, de ser sádico... Xa o di a portada "Es un libro hilarante y aconejante"; e si que o é.
O autor deste incrible libro é Andy Riley e está publicado por Astiberri. Pero non vos chamedes a engano: non é un cómic. É unha tolemia. Iso si, sen sangue. E sen palabras. Traballo non vos vai custar lelo, dende logo. Pode converterse nun bo agasallo para alguén que necesite rir, alguén que estea estresado, alguén que procure un anaco de tempo fóra deste mundo... a pesar de que o tema é a morte, non é unha morte tan real como para que a poidas tomar en serio. Máis ben ao contrario.
Así que xa sabes. Que necesitas un libro para rir? Douche a solución.




Totalmente denigrante

Semella totalmente incrible: con ese ton de voz tan austero que parecía que ía dicir tantas verdades universais... e a reportaxe ensina tetas, fala burradas, rise de nosoutras... Indignante. Un arrepío percorre o corpo cando rematamos de velo.
E isto era unha homenaxe ás mulleres. Que conceptos tan diferentes manexamos da palabra "muller" e da palabra "homenaxe"!!!




Vía

10/03/11

Igual que tú

Dende O Recanto de Mik:

Curtametraxe do IES Miguel Servet que obtivo o primeiro premio da súa modalidade no VII Festival de curtametraxes de Cinema e Saúde (Zaragoza 2009). O equipo de Servetus Studio 2009 realizou unha película en parte de animación cunha técnica nova. A mensaxe está clara: As cousas da casa son tarefa de todos. A banda sonora orixinal tamén recibiu unha mención especial no devandito festival.
Eu quedei impresionada do nivelazo deste alumnado que fixo posible a curta:

Ala

Gustoume, a min tamén, este anuncio que vin en Brétemas. Perdón, mamá!:

Pequeña Parka


A buen paso publica este incrible libro, Pequeña Parka de Arianna Squilloni e Arianne Faber. Un libro que fala da morte, directamente, sen enganos nin argalladas. É máis, fai un percorrido polos diferentes nomes que esta recibe, dende a gadaña ata a parca. E isto faise nun ton desenfadado, case burlón, que estraga calquera anotación pesimista que o libro puidese outorgar. A morte é, en todo caso, algo inexorables que todos e todas debemos enfrontar. Está aí, por moito que queiramos afastala dos nosos pensamentos. Por iso o libro encamíñanos por ela cun sorriso sen pesimismo.
Encantoume este pequeno libro, tan diferente e arriscado.

Proxecto Laramie

Filme realizado para a televisión baseada en feitos reais sucedidos en Laramie, unha vila do medio Oeste norteamericana, onde un mozo homosexual foi atacado por outros dous ata morrer. Conta como os medios de comunicación fixeron que a noticia se coñecese mundialmente: os habitantes do lugar posicionáronse, retratando o seu sistema de valores e crenzas, con todas as súas contradicións.



Vía

09/03/11

Day & Night

Unha curta nominada aos Óscar, de Pixar:



Vía

Clasificados y no tanto


Volve El Jinete Azul publicar un libro de poemas ilustrados que tanto nos gustan. Nesta ocasión, a autora é Marina Colasanti e as ilustracións son de Sean Mackaoui: Clasificados y no tanto. Uns moi curtos poemas totalmente deliciosos para iniciar aos máis pequenos na poesía, pero non por iso menos fermosos para os maiores. Case todos eles están impregnados dun sentido do humor doce, deses que arrincan sorrisos, mentres a textura das páxinas e as ilustracións tan delicadas e reais-fantásticas enchen o espírito de gozo:

Tortuga
busca crema
contra las arrugas

Si logsé no vengo

Quedaron terceiros no Carnaval de Badajoz, son Profes de secundaria e fanse chamar "Los Murallitas":




Vía

08/03/11

Alarma

Boísima esta publicidade rusa de prevención dirixida ao colectivo homosexual:



Vía

Cero

Sendo o Día da Muller non podiamos comentar un libro que non fose escrito por unha muller. Estamos a falar do último poemario de Oriana Méndez, Cero, publicado por Galaxia. Fermosos poemas con preguntas sen respostas ou con dúbidas e reflexións, fragmentos da realidade que queremos comprender. Un libro moi diferente ao anterior que nos viaxa por partes da xeografía galega, Vigo, A Coruña... mesmo Lalín:

JEny, Manolo e Tareixa
viven nun lugar que podería ser Lalín
pero tamén moi semellante a algunha
cidade norteamericana
casinos, hoteis, novos edificios
por veces reciben unha visita espacial
alguén que veu doutras terras e escribe:
En Botos chamámoslle apagón e eu tamén in my
latin

encóntrome con eles en algures que non son Lalín
ou cidade no medio dun deserto con hoteis, casinos
É un territorio suspendido, pero firme
podemos dicir que se trata de pontes colgantes:
cada un, desde a súa propia ponte
-en realidade non se trata dunha posesión
é unha presenza-
comunícase cos outros mediante plataformas

plataformas coma dorsais

eu nunca podería chegar a Lalín desde onde estou
perdendo todas esas casas,
por sorte temos as pontes colgantes
(...)

Día da muller traballadora

Como vén sendo habitual, recollemos propostas doutros blogues das bibliotecas galegas e dos equipos de normalización:

Empezamos con Bueu, que nos lembra que significa este día, igual en Verín. O ENDL do IES de Paralaia reclaman igualmente a igualdade. No Grove, recursos.

De aquí a Teis, con vidas a destacar. No CEIP Campolongo, outra presentación. Un ceo de mulleres no CEIP As Gándaras.

CDEDELG de Vigo e bisbarra. A Biblio de Mondego: lecturas. A lectura e a muller no CEIP Esteiro.

Mulleres Nobel no IES Xoán Montes.

O IES Luís Seoane tráenos esta presentación de Mulleres galegas:




Mesturas agasállanos con traballos do alumnado sobre o proceso de alfabetización, arte dixital e violencia de xénero na rede. Somos máis que caras e o mandil como símbolo.

Na Biblio Fernando Blanco marchan á cultura máis clásica, recollen un vídeo da muller na arte, e abordan a muller e as matemáticas.

No IES Fernando Esquío, vídeo e presentación. No IES Rafael Dieste máis información.

Aquisfala recolle un texto de Teresa Moure. E na Pobra un de Lucía Aldao. O CEIP Esteiro un de Amparo Ochoa.

O IES de Sada achéganos ao Carrabouxo. O blogue de Castro Baxoi recorda a Clara Campoamor.

Na Biblioteca Sarmiento, moi boa información, xunto cunha moi boa proposta de lecturas; ademais, informan de "Terra de Mulleres". Tamén no IES Xoán Montes, que ademais traen un vídeo. Non se esquecen no CEIP Outeiro das Penas nin no Crocaio de Sampaio. O IES de Poio fala da escolarización.

No IES de Vilalonga, charla con Elena Poniatowska.

En Monterroso, Isadora Duncan e Mulleres con seudónimo.

Tamén dende a Pobra recollemos esta presentación de "Mulleres que fan historia":



E "50 mulleres da ciencia":

expomulleresnaciencia



O IES Pedras Rubias fala de "marzo en feminino" e aporta un par de vídeos.

O CEIP Outeiro das Penas tamén lembra o día. E se ides ata Lugo, a Biblio Olhos Grandes tamén aporta o seu gran de area.

Por suposto, non podía faltar o Recanto de Mik, cunha selección de libros, unha explicación, unha presentación, e entradas a filmes igualitarios. Tamén, unha selección de recursos.

Dende Malpica chega unha webquest e o rescate. O CEIP Isaac Peral ofrece un vídeo, así como o CEIP "A Magdalena". Desde Mazaricos, unha selección de libros.

O IES Lagoa de Antela aporta unha selección de fotografías de Ruth Anderson en Galicia.

O CEIP de Pazos publica un issuu do MEC.

Dende o IES San Paio dous grandes traballos: Pegadas de muller e esta liña do tempo sobre as premio nobel de literatura para traballar nas aulas de linguas e literatura.

En Pinzellades al món, un mundo de mulleres e Mundo feminino, xunto cunha homenaxe ás pintoras.

Nós, no IES Chano Piñeiro, imos traballar no centro arredor de dúas mulleres: Marie Curie, por ser ano da Química,






e María Cegarra, poeta química amiga de Miguel Hernández. Uns fragmentos de Poemas para un silencio de María Cegarra:

“Las lágrimas lavan mis ojos.
Borran su contacto con la tierra.
Puedo mirarte sin distancias.
Tenerte fuerte en las pupilas,
Entre limpios celajes.
El tiempo, de silencios cansado.
Tu voz por mi frente palpita.
Yo sola la percibo y entiendo.
A mí sola entrega su secreto.”

“Corrió su nombre entero hacia el cielo de los nombres.
Callar es mi destino.
No puedo nombrarla, no me responde.
Su nombre navega sin eco ni sonrisa,
Palpitando perdido.
Quiero que sean mares, cielos, soles,
Tierra caliente y levantada quienes me lo devuelvan.
Quiero que sea Dios quien abra el cielo de los nombres
y lo deje caer sobre mi frente fría.”


Xa vos comentaremos o resultado.

Debemos lembrar ademais que é o 100º aniversario deste Día, algo que recorda a ONU: En 1911 celebrouse o primeiro Día da muller (nun 19 de marzo) por primeira ven a Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza, con mitins nos que reclamaban o dereito de voto e de ocupar cargos públicos, esixiron o dereito ao traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral.
O tema deste ano é: "A igualdade de acceso á educación, a capacitación e a ciencia e a tecnoloxía. Camiño cara ao traballo decente para a muller.




Máis información en Todas.

O STEG ofrece unidades didácticas para traballarmos nos centros.

Informa Cristina deste documental que se emitirá hoxe á noite: "Las sabias de la tribu".

Comunicado de "Implicadas no desenvolvemento".

No blogue Islas Cíes.

Unha bitácora para saber de cine de mulleres.

Mujeres que cambiaron el mundo.

Por suposto, non podía faltar a nosa cita con Lápices para la Paz: imprescindible.

07/03/11

Se non les...

Mirade, isto é un libro, se non sabedes o que é, pensades como podedes acabar:



Vía

Guía ilustrada da Galicia Invisible


Un deses libros que desexas ter (que hai que ter) nos andeis da túa casa para ir de cando en vez ollalo, recrearse nas súas ilustracións e descubrir un novo lugar que seica estivo aí aínda que xa non o poidamos ver. Así é esta Guía ilustrada da Galicia Invisible que nos propón Antonio Reigosa con fantásticas ilustracións de Noemí López publicado por Xerais. Non, non quero lelo decontado, quero demorarme nel, pechalo e volve máis tarde, mentres o meu espírito tamén se asolaga por causa de conxuros e meigas, de mouros e santos; quero converterme en páxina non escrita e percorrer esta parte da nosa terra que ninguén coñece, quero ir paseniño por estas ruelas e castros mentres descubro a beleza de lugares eternamente intanxibles. Conxurada a maxia da literatura, da imaxe, da palabra, deixémonos levar da man por esa Galicia invisible que latexa dentro de nós porque forma parte da nosa historia e só temos que pechar os ollos, abrilos e franquear eses muros que non sempre son infranqueables: outras terras nos agardan.
Mercádeo e gozade: é deses libros que nos fan emitir un suspiro emocionado cada vez que o miramos.


Unha gran historia

Educación sen fronteiras: recargade as pilas!



Vía As zocas faladoras

06/03/11

Antroido musical

Grazas á recomendación do noso amigo-lector Xabi deixámosvos esta fermosa música tan apropiada para o antroido: O carnaval dos animais de Camilo Saint-Saëns.


Contos de detectives


Utilizamos este libro de relatos "negros" nesta semana negra no IES. Un libro publicado pola editorial Tris Tram que recolle "Contos de detectives. Os rivais de Sherlock Holmes": 8 relatos que teñen en común a procura dos autores de todo tipo de crimes. Un deles é precisamente de Conan Doyle. Na maioría non hai asasinatos, senón, case, divertimento: un xogo de dedución e intelixencia como ocorre, por exemplo, en "A pista das culleres de prata" de Robert Barr.

A xente intelixente usa bibliotecas intelixentes

Do 7 ao 13 de marzo Irlanda celebra a súa Semana da Biblioteca. O lema: "Smart people use smart libraries".




Vía Miguel Calvillo

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.