Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/02/13

Ollos de aula, 4

Diona

Encantoume esta novidade que nos presenta a editorial OQO: Diona é de Juan Senís con ilsutracións de Óscar Sabini. Creo que é a primeira vez que me achego a un álbum ilustrado que aborda o tema da síndrome de Dióxenes, e gustoume o tratamento: unha ollada infantil e inocente que nos vai describindo como a señora que o coida vai atesourando xoguetes para el, un tras outro, amoreando na súa casa miles de obxectos que grazas ás sensibles ilustracións descubrimos o que son en realidade: a ténica da colaxe toma aquí verdadeiro interese para construír ese mundo especial que pouco a pouco adiviñamos terrible e atroz, pero que en ningún momento se nomea senón que máis ben converte a Diona nunha heroína cariñosa e tenra que sabe coidar mellor ca ninguén a un neno que agarda a que a súa nai saia do traballo.

Todos os días
Diona víñame buscar
ao saír da escola
e levábame a súa casa
que estaba enriba da miña


Pasabamos alí a tarde xuntos,
porque mamá traballaba ata as oito.


Ao principio,
a súa casa non me gustaba,
porque só había
unha mesa longa,
unha cadeira coxa,
unha cama dura
e un reloxo parado.


Pero, pouco a pouco,
empezouse a encher,
porque, cada día,

Diona chegaba con algo novo.

Coeducación

Desmontando roles:

07/02/13

Birthday Boy

Curta animada ambientada na guerra de Corea (1950-1953) dende o punto de vista de Manuk. O contraste entre a realidade e a inocencia do neno está tan ben conseguida que logra que o espectador experimente a súa visión do mundo.



Grazas, Mar.

Vivo en una casa malva

A coñecida como "Casa Malva" pola cor das súas paredes é un edificio de Xixón que serve de refuxo ás mulleres vítimas de maltratos, así como aos seus fillos e fillas. A vida destes é o álbum que temos nas mans, publicado pola editorial Pintar Pintar, con texto de Iris Díaz Trancho e ilustracións de Feliciano García Zecchin. Vivo en una casa malva conta a historia dun deses rapaces maltratado pola vida que atopa refuxo nesta casa


Roles sexistas

A xente nova segue a manter os estereotipos dunha sociedade que pensa que un home debe traballar e manter á súa familia, e que non debe ser sensible nin tenro porque esas son características só femininas.


06/02/13

Pepón es guay

Docuficción rodada nun só día por Norberto Ramos del Val e protagonizada por Pepón Fuentes.



Vía

7 maneiras de ler mellor


Grazas, Montse.

05/02/13

Peripeteia



vía

La hierba más verde

A editorial A buen paso tráenos este curioso libro de Olalla Hernández Ranz con fotografías de Nafría: La hierba más verde trasnpórtanos a tempos antigos, a un álbum de vellas fotos que almacenan unha vida. A propia encadernación é moi chamativa, de tela con estampación e relevo coma hai anos. A viaxe dunha princesa no medio do silencio, a boca. A lingua na cova dos sons, a procura da orixe das palabras. E a morte. A gadaña que permanece no prato. Un tesouro para equipar a biblioteca
Un libro para pensar e entender... levará un tempo!
El viaje de una princesa que discurre a través del último almuerzo 
de una señora mayor 
que ha sido 
aventurera y princesa.


Falando de álbums ilustrados...

Traemos as palabras de Daniel Goldin falando de álbums ilustrados: quen o compra, os seus tempos, a súa proliferación...





El verdadero texto de un álbum es un texto que de alguna manera le está abriendo la puerta a un creador distinto y creo que en este momento hay pocos creadores que le dejen un espacio a otro creador, y a otro creador que no sólo es el ilustrador sino que en el fondo es el propio lector. El creador de un texto potente en términos de un álbum es un creador que le está abriendo la puerta a otro creador pero que en el fondo quiere recuperar una dimensión de la palabra que a mí me parece importantísima y es: la palabra no puede decir todo, hay que escuchar y hay que ver, hay que contemplar, quizás eso es lo más importante en este momento. 
Daniel Goldin

04/02/13

Voice Over

Curta de Martín Rosete que compite nos Goya 2013:




Vía

El viaje


Este é un dos álbums ilustrados sen palabras que tiña preparado para ir aos III Encontros de ENDL e que, sorpresivamente, foi enviado por unha Raíña Maga ben especial. Deixoume sen palabras. Así que dende aquí mándolle unha soa: grazas!
Publicado pola editorial A buen paso, El viaje é un álbum ilustrado sen palabras de Arianne Faber. Con imaxes simples moi descritivas, o álbum conta a historia dun home que grazas a un globo é quen de viaxar por diferentes lugares. Resulta orixinal a ilustración esquemática con pegadas dactilares e con tinta chinesa. O tema central é o poder do maxín.




03/02/13

1943-1997

Grazas ao Facebook de María Jesús Fernández  descubrín esta curta. "Que non morra a memoria":

Wakefield

Que Nórdica é unha das editoriais que hoxe en día coida o deseño e as ilustracións ninguén o dubida. E logo sorpréndenos con libros coma este: Wakefield, de Nathaniel Hawthorne, ilustrador por Ana Juan, que contén asemade o orixinal en inglés. Non coñecía nin o relato nin o autor, polo que o acerto para min é dobre. O libro, breve, que resta un tempo nas nosas cabezas, cavilando sobre algunha posible conclusión arredor do comportamento do protagonista.
As ilustracións retratan perfectamente os dous mundos paralelos do relato, escuro e estraño, un, melancólico o outro.
E agora tamén sei que é un dos relatos preferidos de Borges. Que ten ben máis credibilidade ca min, certo é!


Os ilustrados falamos!

Esta é a presentación que realicei para os III Encontros de Equipos e de Docentes pola Normalización, que os imparables traballadores que levan a Coordinadora organizaron e a quen lles dou as miñas máis efusivas grazas... e que non utilicei. Xa que está, aquí queda. Por se a alguén lle interesa.

02/02/13

The Triplets of Belleville

01/02/13

El Hombre Orquesta

En vías de extinción

Cumprindo pactos, Carme non se esquece. Desta volta, con En vías de extinción de María Reimóndez, publicado pola editorial Xerais.



Cando se le unha novela de María Reimóndez sábese de seguro que nos vai ter no sofá ata case rematala  e isto foi o que aconteceu con En vías de extinción (2012), publicada por Xerais.
            Un dos grandes acertos da obra é a súa estrutura. As distintas partes, metaforizadas con nomes que van desde o toxo ao castiñeiro, conseguen nunha perfecta ensamblaxe, representar cada unha delas os momentos vitais de Gaia. Unha muller singular, incorfomista, rebelde, irónica,  coas raíces ben plantadas na terra e que loita porque as orixes non esvaezan, sendo fiel en todo momento ás mesmas. Contínua aprendiz da vida, amosa unha forza que envolve ao lector/a na súa rabia ante o absurdo do mundo, e sempre coa mai como  referente e a natureza como eixe.
            Así como contén diálogos brillantes (véxase a parte na que a protagonista é entrevistada nun programa televisivo de máxima audiencia), tamén notamos certa falta de verosimilitude nalgunha  escena propia dunha película de aventuras (véxase a voadura de Toralla, en Vigo). E en ocasións, a tese da novela evidénciase demasiado, e todos os valores que se desprenden, cansarían menos sendo máis sutís e transmitíndose máis polos feitos que polas palabras.     
            Por último, agradeceríase en futuras edicións, a inclusión da tradución das citas en inglés e alemán para facilitarnos o diálogo intertextual coas mesmas.
            “Súa mai sempre lle dixera que había un único método para chegar ao coñecemento: observar, escoitar ou ler, e que ningunha desas actividades podía darse mentres se falaba”.

Beneficios lectores

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.