Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/09/15

13 ilustracións de acoso e desigualdade

 Debi Hasky  procura a igualdade de xénero denunciando o acoso nas rúas e a desigualdade. 
Vía

1. Seduce mi mente

2. Si! Tengo el cabello largo, pero no me importa

3. Soy muslona, ¿Y QUE?

4. Sobre mi cuerpo, decido yo

5. No soy tu mamacita!

6. "Gordibuena"

7. "No me llamo"


9. ¡Lucha por tus derechos!

10. 

11. 

12. Las mujeres somos fuertes

13. Me visto para mi

11/09/15

A orixe da vida explicada a un bebé



O divulgador científico  Jason Silva consegue con este vídeo máis de 30 millóns de reprdocións en menos dun mes:

"Mamá te tuvo y saliste tú. Literalmente, un trozo de software fusionado que después se fue convirtiendo en un ser vivo que respira. Un filete con cerebro... porque eres carne que creció dentro de tu madre. Eras como un androide sumergible. Y ahora estás comprendiendo toda esta increíble información mientras vas decodificando y modelando el mundo. Estás creciendo, aprendiendo, expandiéndote, emergiendo lentamente como un ser pensante... Y pensado: 'Oh dios mío, esto es lo que significa ser una mente'. Lo que quiero decir es que estás trascendiendo, pero al mismo tiempo estás hecho de carne. Cuando te cojo pienso: 'En realidad, ¿qué es este trozo de milagro divino que de alguna manera este universo ha permitido que se organice?' ¡Es una locura! Cuando te miro a los ojos siento que estoy mirando a una galaxia".

10/09/15

O paseo do elefante



Lata de Sal na súa colección Vintage recupera este álbum de Hirotaka Nakano, O paseo do elefante, publicado en 1968. Un álbum que destila felicidade nunha historia moi, moi sinxela: podedes pensar nun hipopótamo e nun crocodilo subidos a un elefante? Pois aquí os tedes! Pero claro, todo ten un límite. Cores suaves para animais delicados. Un día de paseo agradable.


Diferenzas salariais

09/09/15

None of That

Censura na arte. Curta sen palabras:



Vía

08/09/15

Fat

Nesta curta sen palabras, algo pasa:

El pequeño Elliot en la gran ciudad


  
Mike Curato é o autor de El pequeño Elliot en la gran ciudad que publica Ediciones B. Tenra historia dun pequeno elefante nun mundo de adultos que pasa desapercibido ata que consegue unha amizade. E esta é un tesouro á que coidar. Porque a unión fai a forza e a soidade está ben, pero non tanto! A historia é sinxela e conmovedora e as ilustracións ocupan toda a páxina, destacando a edición coidada en tapa dura e sobrecuberta en tamaño grande.




Con tres preguntas



Estas tres preguntas serven para detectar como amosa o cine ás mulleres.

De 4500 películas avaliadas por bechdeltest.com, máis do 40% falla unha, dúas ou as tres preguntas, demostrando a desigualdade que aínda existe nos contidos filmados. O test foi creado por Allison Bechdel na súa tira de cómic Dykes to Watch Out For (Lesbianas das que coidarse) en 1985. O indicador mide a relevancia das mulleres no argumento dunha película e axuda a calcular a presenza de mulleres no cine y otras disciplinas, demostrando que é un problema “sistémico” a escaseza de presenza feminina.

Vía

07/09/15

Carpark from Birdbox Studio

Curta sen palabras... ben, con palabras de can, si.


Madonna e outros contos de inverno

Publica a editorial Xerais na súa colección Fóra de Xogo oito relatos de Manuel Rivas xa coñecidos: Madonna e outros contos de inverno. Un libro que ten desde o comezo o éxito asegurado, por ser o autor quen é, para min o mellor contista da Literatura, e porque todos os relatos escollidos teñen "chicha"; o feito de seren seleccionados para esta colección indícanos que consideran -tanto autor como editorial- que os relatos son doados para un lectorado máis novo. Ben seguro. Todos eles contan coa mestría da lingua do noso admirado escritor, esa mestura de poesía e tenrura capaces de espertar o gusto pola arquitectura literaria: a escollas das palabras, os xestos tan definidos, o alcance do noso propio maxín... Todos os temas están neste libro curto: amor, paixón, emigración, tristura, resistencia, rebelión, conmoción... E todos eles tratados con beleza exquisita.


#‎AylanKurdi‬

Artistas do mundo choran o neno sirio.


 Aylan Kurdi morreu coa súa familia procurando unha vida mellor.
A foto de Nilufer Demir ("non podía facer nada por el, o único que podía facer é que o seu berro fora escoitado no mundo"), este monequiño que morreu por culpa dunha sociedade inxusta, inspira a artistas de todo o mundo; as imaxes cos  'hashtags'  #KiyiyaVuranInsanlik e#HumanityWashedAshore ('a humanidade botada á costa' en turco e inglés respectivamente) instan á opinión pública mundial a preguntarse que está facendo mal se morren meniños de xeito brutal.
Non podemos ser indiferentes ante o drama.
  .
























06/09/15

The Chestnut Tree

Fermosísima curta sen palabras:


Sempre hai un lugar para a poesía (CXXVI)

¡ Qué suerte no ser una madre palestina,
ni una madre siria, ni una madre afgana,
ni una madre kurda,
ni una madre del cuerno de África !
Qué suerte no tener que sostener
la muerte de mi hijo en mis brazos…
ese pequeño cuerpo
que se ha muerto sin más,
de hambre, de sed,
desangrado,
atravesado, zas, por una bala!
¡ Qué suerte no tener que abrazar a mi hijo muerto
mientras mis ojos se resecan, lentamente,
de dolor, de impotencia,
de rabia contenida!
¡ Qué suerte no tener que sortear cada día
el rostro enjuto y oscuro de la Parca,
y regalarle, esconderle, ocultarle
los rostros malditos de mis hijos,
que han nacido donde nada importan,
donde nada valen, donde nada son…!
Qué suerte, me repito cada día, qué suerte,
mientras mis hijos, tranquilos, duermen su infancia merecida.

Marisa Peña.

Non á violencia contra as mulleres (CDXXIX)

Por que? Animación

05/09/15

Presto

Curta de Pixar:

Pixar s Presto from battuvshin on Vimeo.

Xa a colgaramos había tempo, pero desaparecera o vídeo. E paga a pena volver a ela!

When you don’t exist (Cando non existes)

En dous minutos este vídeo presenta unha "realidade alternativa" onde a poboación europea emprende unha perigosa viaxe a África. Reflexionemos.
De Amnistía Internacional.

04/09/15

But Milk Is Important



Vía

03/09/15

Wire Cutters



Vía

Nos vemos allá arriba

Premio Goncourt 2013, Nos vemos allá arriba de Pierre Lemaitre está publicado por Salamandra. Poderiamos pensar que estamos ante OUTRA novela sobre a Primeira Guerra Mundial, pero teño que dicir que este libro sorprende moi agradablemente. A pesar de presentarnos un dos protagonistas "malo" absoluto, de folletín (guapo, irresistible, calculador, sen escrúpulo de ningúnt tipo), o libro está perfectamente resolto e resulta impecable -con unha parte de submundo de drogas e miserias-, non hai eses lugares comúns aburridos nin ragañas polas que a historia puidese decaer; ao contrario, o dinamismo exerce unha profesionalidade auténtica na que hai cabida para a crítica ás guerras e ás súas consecuencias. O autor loce unha novela que atrapa, na que odiaremos e sentiremos canda os personaxes, sen temor a facelos nosos.
Avanzamos as páxinas sabedores de que imos estar ás portas dalgunha traxedia, temerosos de que o mal venza novamente, desexosos de que haxa unha boa lea para algunhas situacións límite... De todo hai neste libro que vos recomendo. Tanto, que unha parte da historia ata é real.
Moi recomendable.

01/09/15

Selfish


Vía

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.