Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/09/07

Arte de anunciar

Achegámosvos hoxe a este mirador, unha forma distinta de facer publicidade. Joan C. Gratz é coñecida entre os publicistas de todo o mundo pola súa técnica única da animación, arxila-pintura. Traballando con pedaciños de arxila como se fosen pinturas de aceite, mestura cores e liñas de gravados para crear un fluxo de imaxes.
Entre as obras que ten creadas, achegámosvos hoxe este marabilloso anuncio do refresco máis coñecido do mundo; como non nos pagan por darlle publicidade non vos penso dicir que se trata da Coca-Cola... ;·)
Xa comentaredes que vos parece...

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.