Lenny Kravitz é un músico integral. Un mestre cheo de influenzas que van desde o soul ao reggae pasando polo hard rock, a psicodelia ou o folk. Unha estrela con maiúsculas que odia a fama pero que se gañou a pulso un lugar entre os cantantes máis admirados do panorama mundial. A música de Kravitz é vigorosa e impulsada por unha esencia emocional que se materializa en riffs cheos de soul e voces en alza. Desde o comenzo, non deixou de redefinir o seu son sen pintar nunca o mesmo cadro dúas veces, sen empregar nunca as mesmas cores.Esta actitude innovadora recompensou a Kravitz cun incomparable atractivo musical. Desde 1999 a 2002, gañou catro veces consecutivas os Grammy Awards, establecendo o récord do que máis veces gañou na categoría de "Mellor Actuación de Rock Vocal Masculino". O encanto de Kravitz tamén alcanza aos seus colegas. Os seus traballos de colaboración son tan variados como as súas propias influenzas.
¿Sabías que el é o grava todos e cada un dos instrumentos que aparecen nos seus discos? Como el mesmo dixo nunha ocasión: "O rol de estrela de rock é unha merda coa que teño que lidiar. Enténdoo, pero eu só son músico"
Discografía básica
- Are you gonna go my way? (1993)
- Circus (1995)
- 5 (1998)
- Baptism (2004)




Sen comentarios
Publicar un comentario