Recoñezo que era un chisco reticente a falar deste grupo nesta "marabillosa" sección. Os que me coñecedes sabedes que lles fago a miña particular homenaxe polos garitos de Galicia e non sei se serei quen de falar deles sen que se me vexa o plumeiro. Imos aló. Hoxe falaremos das guindillas. Así escrito tal vez aínda non os recoñecestes, pero que tal se digo... Red Hot Chili Peppers??

A partir dese momento, a banda californiana foi quen de combinar a esencia do funk co rock máis alternativo, ser os representantes máis activos do sonido punk e lograr engaiolar a miles e miles de persoas en todo o mundo. Cancións como "Give it away", "Under the bridge", "Otherside" ou "Californication" sobreviven ao paso do tempo e son auténticos himnos para os amantes da música.
Polas súas letras provocadoras, polo seu demoledor directo, pola enerxía que transmiten, pola súa busca da innovación, os Red Hot Chili Peppers son, ao meu parecer, unha das bandas de culto que aínda sobreviven nos escenarios.
Discografía básica
- Mother´s milk (1989)
- Blood, sugar, sex, magic (1991)
- Californitation (1998)
- By the way (2002)
- Stadium arcadium(2006)
Sen comentarios
Publicar un comentario