Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/09/07

Arthur & George

Nunca lera nada de Julian Barnes.
A casualidade fixo que este me chamase a atención, non só porque está traducido ao galego, senón tamén porque o autor tivo que indagar e informarse sobre a vida de Arthur Conan Doyle, creador de Sherlock Holmes. E teño que darlle a razón: o autor é bo porque consegue illarnos do que nos rodea mentres o lemos, xoga a dominar a linguaxe e conta algo interesante.
Baseado nunha historia real, Barnes debeu facer unha ardua investigación para utilizar estes feitos e crear unha historia na que se mesturan realidade e ficción, recreando ao mesmo tempo un gozoso fresco da Inglaterra de principios do século XX, un imperio en decadencia que se debate entre o conservadurismo e a modernidade. Trátase ademais, de recrear un suceso que influíu de tal xeito que hai un século créase o Tribunal de Apelacións nese país.

É unha historia sobre a diferencia e a inxustiza, onde sir Arhur Conan Doyle é peza chave. Outro bo libro para recomendar.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.