Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/09/07

Sinceramente suyo, Shúrik

Esta novela de Liudmila Ilítskaya foi premiada en Rusia no ano 2004 como a mellor novela dese ano. É unha boa representación da narrativa actual rusa, recoñecida internacionalmente. A súa narrativa é "chejoviana", inmersa no mundo dos sentimentos, tal como se aprecia nesta novela, tecendo o vacilante universo das emocións co da sensibilidade da alma, ao mesmo tempo que consegue facer partícipe ao lector da progresión vital dos seus protagonistas. A autora aborda un personaxe literariamente complicado, facendo un percorrido ao longo de tres xeracións para nos amosar a Rusia dos últimos anos. Unha Rusia que nos queda moi afastada. E, de súpeto, atopámonos inmersos nunha rutina da que cómpre fuxir, como o mesmo protagonista, pero da que resulta moi complicado facelo. E é que a vida deste é tan só unha constante loita por satisfacer aos outros, mellor dito ás outras. Ata descubrirmos que nunca será quen de facer outra cousa, porque adoece de profundidade.
Un libro interesante e entretido, de fácil lectura e ameno que vos recomendamos.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.