Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/09/07

Dicir moito con tan pouco

Aftershave 35 euros. Basics for a new home 6.5 euros. (Loción de afeitado, 35€; básicos para unha nova vivenda, 6,50€)

Sunglasses 24 euros. Access to water 8 euros. (Unhas gafas de sol, 24€; acceso á auga corrente, 8€)


Pint of beer 4.5 euros. 50 litres of fresh water 1.5 euros. (Unha pinta de cervexa 4,50€; 50 litros de líquido elemento, 1,50€)

Handbag 32 euros. Food for a week 4 euros (Un bolso, 32€; comida para unha semana, 4€)

Fixádevos ben: podería ser un anuncio dos nosos deseñadores, quen se empeñan en amosarnos a modelos esqueléticas con tallas imposibles. Podería mesmo poñer que "a delgadez máis estrema está máis de moda ca nunca". Pero o que estades a ver é unha agresiva campaña para paliar a fame en África. En busca da SOLIDARIEDADE.
Trátase dunha campaña da ONG People in need que pretende alertar sobre a necesidade de virar a nosa acomodada mirada cara ao continente máis pobre do planeta: África.
E sobran as palabras.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.