Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/09/07

Musimáticas

Cando dicimos que as Matemáticas as atopamos en calquer recuncho, asegúrovos que non falamos en balde. ¿Sabiades que existe unha relación directa entre a música e as matemáticas?
Mirade: os sons musicais son producidos por algúns procesos físicos que teñen un carácter periódico -unha corda vibrando, o aire no interior dun instrumento de vento, etc. Aínda que son moi diferentes entre eles, estes procesos poden ser descritos cun mesmo modelo matemático. A característica máis fundamental deses sons é a súa frecuencia. Canto máis oscilacións dá nun período de tempo, máis alta será a frecuencia do son producido, e máis aguda ou "alta" será a nota musical resultante. Na música, as frecuencias absolutas non son tan importantes, como o son as relacións de frecuencia entre diferentes sons.
Pero atopei un amigo que volo explica moito mellor ca min. Atendede, atendede...

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.