Elegante e carismática, Katharine Hepburn cumpriría cen anos no 2007.
"Hai mulleres, e ademais está Kate. Hai actrices, e ademais está Hepburn", dixo dela Frank Capra. A súa inconfundible máscara profesional (a voz que oscilaba entre o ton repousado e o sobreagudo, o elegante acento de Nueva Inglaterra, a réplica veloz, o andar áxil e desenvolto) establecía químicas insospeitadas.
Pese ao seu divismo, era dunha enorme xenerosidade cos seus compañeiros grazas a un dominio das súas posibilidades que lle permitía, sen traizoar o seu estilo, unha inmediata adaptación que facía as delicias dos seus directores. Logo estaba o seu porte singular (a súa altura, o pescozo longo, os pómulos altos, as faccións angulosas...), un tipo de beleza que perdura no tempo alleo a cánones e modas. O resto era afouteza, seguridade en si mesma e moito talento. Na vida real era todo un carácter, e ata máis alá dos noventa anos conservou unha enerxía e unha lucidez que non lograron apagar os tremores que lle producía a enfermidade de Parkinson que padecía desde había tempo.
Traballou en máis de cincuenta filmes e obtivo catro Oscar e oito nominacións. Descóbreas!
Sen comentarios
Publicar un comentario