Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/09/07

Los optimistas

Veño de rematar este libro. Cando lin a última folla, non sabía se recomendárvolo ou non, non tiña unha idea clara de canto me gustara. Recoñezo que a época de lectura tampouco foi a máis axeitada. Para min, é un libro triste. Resúltame chocante o seu título, porque a derradeira imaxe que me proporciona o libro e un poso de tristura e melancolía. Porén, creo que deberiades lelo. Creo que é un bo libro, ben escrito e ben estruturado.

O autor aborda a realidade dun mundo onde a brutalidade coexiste coa compaixón, sinalando a liña perigosamente fina que afasta o optimismo do autoengano, mergullándose nas turbias augas do desmoronamento psicolóxico.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.