Hoxe 5 de setembro cumpliría 61 anos unha das gorxas máis privilexiadas do rock: Farookh Bulsara, máis coñecido como Freddy Mercury. E por esta celebración, vémonos na obriga moral de adicarlle esta sección á banda que lideraba: Queen.
Queen é unha banda de rock clásico creada en Londres, no 1970 polo xa falecido Freddie Mercury trala ruptura do grupo Smile, banda da que proveñen Roger Taylor e Brian May en compañía de Tim Sttaffel. A mediados de 1971 uniríase como baixista John Deacon, conformando así a formación definitiva.
Para moitos, Queen é considerado como o mellor grupo musical da historia, incluso chegando a ser elexida en numerosas ocasións a través de enquisas con tal calificación. É recoñecida como a banda británica máis exitosa das últimas tres décadas.
É en 1971 cando asinan o seu primeiro contrato en Tridente, unha etiqueta pouco coñecida que lles permite rexistrar un álbum titulado Queen. Non tivo grande éxito pero atrae a atención do público pola súa orixinalidade e é en 1975 cando descolgan as estrelas cos discos A Night at the Opera (incluíndo temas como Bohemian Rhapsody), e News of the World (We will Rock You ou We are the Champions).

Pero os membros desta formación non son só marabillosos músicos, senón puros animais que poñen en escea espectáculos extraordinarios. Ofrecen ao seu público durante unha decena de anos a oportunidade de asistir aos concertos que dan durante as súas interminables e espectaculares xiras.
Queen conquista o mundo enteiro, ata o 23 de novembro de 1991 día no que Freddie Mercury morre de SIDA despois dun longo período de agonía.

Discografía básica
- A Night At The Opera (1975)
- News of the World (1977)
- Flash Gordon (1980)
- A Kind of Magic (1986)
- Innuendo (1991)
Sen comentarios
Publicar un comentario