Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/09/07

Nontodovanserlibros (IV)

Hoxe 11 de agosto cumple 40 anos Enrique Ortiz de Landázuri Izarduy, popularmente coñecido baixo o alcume de Bunbury, ex-vocalista do que, a xuízo de moita xente, foi o mellor grupo de rock en español: Héroes del Silencio. Sei que non son nada obxectivo cando falo deles pero, como auténtico fan que son da súa música, quería darme o pequeno capricho de adicarlle unha entrada neste voso blog.

Esta banda zaragozana tivo ante si no ano 1987 a grande oportunidade na que se xogaban en boa parte o seu futuro dentro da música. A multinacional EMI propúxolle gravar un miniLP de catro temas (Héroe de Leyenda) coa promesa de editar un disco compoleto se acadaban unas cifras de venta considerables. O éxito foi tal que aínda hoxe ese miniLP se atopa entre os máis vendidos da historia da música española.

Ese foi o primeiro gran paso que deron Juan Valdivia (guitarra), Pedro Andreu (batería), Joaquín Cardiel (baixo) e Enrique Bunbury(voz) para chegar a ser unha referencia mundial dentro da música rock en castelán. Países como Alemaña, Francia, Italia ou México sucumbiron á avalancha de música en directo destes maños e de temas míticos como "Entre dos tierras", "Maldito duende" ou "La chispa adecuada". Incluso a propia crítica musical, que nos primeiros anos arremetía duramente contra a banda, non tivo máis remedio que admitir a evidencia da calidade dos discos e do directo dos héroes.
En 1995, o grupo decide separarse sen chegar a coñecerse en realidade a causa desta ruptura (de feito existen multitude de lendas en torno a isto).

Trala separación, Bunbury comeza a súa carreira en solitario sorprendendo a público e crítica coas súas composicións que escapan radicalmente do estilo anterior. Música electrónica, Rancheiras, tangos, música comprometida e de autor que achega ao zaragozano a un público que non o coñecía.

En outubro deste ano producirase o ansiado regreso de Héroes del Silencio con 10 concertos en España e Sudamérica con motivo do 30 aniversario da formación da banda. As entradas esgotáronse aos dous días de poñerse á venda e o pior de todo é que... ¡¡eu quedeime sen ela!!

Discografía básica
  • Héroe de leyenda (1987)
  • El mar no cesa (1988)
  • Senderos de traición (1990)
  • El espíritu del vino (1993)
  • Avalancha (1995)


free music

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.