Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/10/07

Cráteres

Neste primeiro plano realizado polo instrumento Hirise a bordo do Mars Reconnaissance Orbiter (orbitador de recoñecemento de Marte), unha misteriosa fochanca escura, duns 150 metros de diámetro, xace na aba norte do antigo volcán marciano Arsia Mons.
Sen bordes erixidos nin outras características típicas dos cráteres de impacto, este burato e outros coma este foron orixinariamente identificados en imaxes de luz visíbel e infravermella polas sondas Mars Odyssey e Mars Global Surveyor.
Mentres que as imaxes de luz visíbel amosaban só escuridade, as firmas térmicas do infravermello indicaban que estas aberturas penetraban profundo na superficie marciana e quizais eran tragaluces para as cavernas subterráneas. Crese que os escuros buratos marcianos parecen estar relacionados con derrumbamentos polo fluxo da lava, similares aos cráteres do volcán hawaiano.


E falando de cráteres, e de soidades, dar as grazas a compañeir@s que agasallan tempo e esforzos en entradas científicas neste voso blog!

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.