Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/10/07

Nontodovanserlibros (XI)

Ante a insistencia da miña amigasociablogueira de que colgara nesta sección algo máis de música en español, decidín ceder á súa petición cun dos máis grandes compositores españois: Antonio Vega.

Músico español nacido en Madrid no 1957, forma en 1978 a banda Nacha Pop na que militaba o seu curmán Nacho García Vega. Durante esta etapa, saíron á luz numerosos temas que terminarían por entrar no cancioneiro popular español: "Chica de ayer", canción que se converteu nun himno da movida madrileña dos 80, "Lucha de gigantes" ou "Una décima de segundo". En cada un dos seus temas Antonio facía ao ouvinte partícipe dunha historia moi persoal súa ou da súa visión en forma poética do mundo.

En 1988 o grupo separaríase definitivamente e Antonio comeza a súa carreira en solitario. Mantén a mesma liña de creación, aínda que se volve un pouco máis intimista, quizais pola ausencia da influenza musical do seu curmán Nacho.

Discografía básica
  • Nacha Pop (1980)
  • Un décima de segundo (1984)
  • El sitio de mi recreo (1992)
  • Océano de sol (1994)
free music

1 comentario:

Isa dixo...

Gústame moito, sempre levo a súa música no coche, para cantala sin que ninguén escoite como desafino.Pero gustame máis agora, que canta só.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.