Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/10/07

Myanmar precisa da túa liberdade

Os terribles sucesos, con cando menos 12 persoas mortas e miles de detencións, que se viven en Myanmar estes días teñen como telón de fondo unha grave crise de Dereitos Humanos. Agora é o momento de facer ver ás autoridades deste país que somos moitas as persoas que, cando Myanmar deixe de ser portada dos informativos, non esqueceremos as graves violacións dos dereitos humanos que se producen no país. Amnistía Internacional mobilizouse estes días en decenas de países e cidades en solidariedade cos que se manifiestan pacificamente en Myanmar, e esixindo ao Goberno deste país que cese a represión e que libere inmediatamente aos presos de conciencia, incluída a premio Nobel da Paz, San Suu Kyi, que aparece no retrato da fotografía e que pedía: "por favor, usen a súa liberdade para defender a nosa".

Por iso queremos pedirche, a ti que podes, que esixas ao Goberno de Myanmar a fin da violencia.
Preme na fotografía e poderás enviar unha mensaxe no teu nome ás autoridades do país.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.