Ana Torroja e os irmáns Nacho e José María Cano. Toda persoa que viviu a década dos oitenta saben perfectamente de que formación musical imos falar hoxe...
Mecano foi o grupo español de música pop de maior éxito, estando activo entre 1979 e 1992. Leva vendidos a día de hoxe máis de 25 millóns de discos en todo o mundo, acadando un éxito sen precendente en países como España, México, Venezuela, Arxentina ou Chile. Está considerado un dos grupos máis importantes e influíntes da historia do pop en español, de tal xeito que os seus directos seguen sendo un dos acontecementos musicais de maior envergadura na memoria musical española.
Grazas ás versións que realizaron dos seus éxitos nos respectivos idiomas, chegaron a ser número un en varias ocasións nalgúns países de fala non hispana, como Italia e Francia, onde a versión francesa do seu tema "Mujer contra mujer" continúa a ser a canción estranxeira que máis semanas estivo no número un das listas galas de grandes éxitos.
Grazas ás versións que realizaron dos seus éxitos nos respectivos idiomas, chegaron a ser número un en varias ocasións nalgúns países de fala non hispana, como Italia e Francia, onde a versión francesa do seu tema "Mujer contra mujer" continúa a ser a canción estranxeira que máis semanas estivo no número un das listas galas de grandes éxitos.
Temas como "Hoy no me puedo levantar" (que é titulo do musical homenaxe á banda que está a ter un grande éxito), "Hijo de la luna" ou "Maquillaje" están gravadas no disco duro da memoria de miles e miles de persoas. Aquí volas deixamos, ben para que as disfrutedes, ou ben para que as descubrades.
Discografía básica
- Mecano (1982). CBS Columbia.
- Ya viene el sol (1984). CBS Columbia.
- Descanso dominical (1988) 14 temas. BMG Ariola Eurodisc.
- Aidalai (1991) 13 temas. BMG Ariola Eurodisc.
5 comentarios:
que raro falar do pop cando os mellores do rock español "Héroes del Silencio" deron un concerto recentemente...
UnBico!
...outro bico (só para poñer correctamente o meu 'nick')
Héroes del silencio tivo a súa entrada o 11 de agosto. E eses si que son sagrados! E non puidemos conseguir entradas... Grazas por lernos. Un bico para ti
...querido [18+1], asegúroche que eu son o primeiro en considerar aos Heroes os mellores do rock en español! Mágoa non poder conseguir unha entrada para estar nestes momentos alí...cagho no demo!!
Unha aperta
di mellor querida [18+1] que ven sendo Adelcisa, ou Cris fonde, ou como lle queiras chamar... ¬¬
que senhor!!!!!!
Publicar un comentario