Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/10/07

Nobel de Medicina

O Nobel de Medicina premia a tres investigadores das células nai.
Os estadounidenses Oliver Smithies e Mario R. Capecchi e o británico Martin J. Evans foron galardoados co Premio Nobel de Medicina 2007. O recoñecemento chégalles polos seus "achados referentes ás células nai embrionarias e á recombinación de ADN en mamíferos". Os tres son responsables do que se coñece como "rato knockout": ratos experimentais creados mediante a anulación da función dun xen específico.
O nobel de Medicina e Fisioloxía é o terceiro dos instituídos no testamento polo magnate sueco Alfred Nobel (1833-1896). Dende que se concedeu por vez primeira, en 1901, distiguiu a 182 homes e sete mulleres (!!!).
Dous foron os españois premiados co Nobel de Medicina: Ramón y Cajal (1906), polas súas investigacións sobre o funcionamento do sistema nervioso, e Severo Ochoa (1959), en recoñecemento aos seus traballos sobre a síntese do ADN.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.