Aproveitando a chegada dos pandas xigantes a España, WWF/Adena lanza unha nova web na que se dan a coñecer os curiosos costumes desta especie, as súas principais ameazas e o labor desta organización para garantir a súa supervivencia en China.
Especie autóctona dese país, só quedan uns 1600 exemplares en liberdade. Os máis pequenos poderán tamén pór a proba os seus coñecementos sobre este animal nun divertido xogo deseñado para eles. Se contestan correctamente ás cinco preguntas formuladas poderán descargarse unha divertida careta de panda.
http://micros.adena.es/panda
http://micros.adena.es/panda
Sen comentarios
Publicar un comentario