Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/11/07

Alumnado blogueiro

Unha das actividades que propuxemos dende o Departamento de Lingua Galega e dende o ENL ao alumnado de 4º foi a de crear un blogue, cunha única condición: EN GALEGO. Por suposto, se non fose pola xenerosa colaboración do seu profe de Informática, Manuel Villar, nada disto sería posíbel. Somos conscientes das dificultades de moitos deles para manter ese espazo, xa que unha gran parte non ten acceso á Internet nos seus fogares. Pero a día de hoxe xa vos podemos contar que a actividade está dando os seus froitos e nos sentimos orgullosos deles. Se queredes botarlle unha ollada non tedes máis que entrar nas Estelas dos ronseis e veredes no lateral dereito ligazóns a todos os seus blogues. Descubriredes blogues futboleros, sociais, comprometidos, e... "rositas", como corresponde ás súas autoras. Aínda están comezando, pero algúns teñen un gran futuro, seguro! Noraboa!

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Moitos ánimos para todos eses novos blogueiros!!!

Anónimo dixo...

hai algún co que aínda te ris un pouco, jejeje. Saúdos

Anónimo dixo...

Estas en todo Graciña!!!!
moitas grazas por facernos tan boa publicidade!!!jejeje

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.