O dúo Amaral presentou o videoclip da canción "Llegará la tormenta", unha particular versión do tema "A hard rain's a-gonna fal" de Bob Dylan, gravada para a Exposición Internacional de Zaragoza 2008. Esta canción foi composta hai 40 anos e Dylan cedeuna á Expo para apoiar a súa mensaxe de concienciación sobre a xestión de auga no mundo. Mirade a ver que versión vos gusta máis, aínda que eu recoñezo que a voz desta muller encántame.
Poderiamos falar de novo de medio ambiente e cambio climático. De seguro, seguirémolo facendo. Pero hoxe propóñovos simplemente que caviledes mirando ao voso arredor, que faledes cos vosos avós e lles preguntedes se notaron moitos cambios na paisaxe nos últimos anos, se desapareceu algún río deses que fixeron definir a Galicia como "o país dos mil ríos". Reflexionade sobre o que ocorre máis alá das nosas fronteiras, un pouco máis alá das nosas casas, en toda esa xente que, simplemente, non pode beber. Cavilade en que podemos facer.
Sen comentarios
Publicar un comentario