Como mínimo, un de cada catro combatentes irregulares da guerra civil colombiana é menor de 18 anos. Falamos de máis de 11000 nenos, unha das cifras máis altas do mundo. Tanto a guerrilla como as forzas paramilitares utilizan nenos, obrigándoos a cometer atrocidades e a executar a outros compañeiros que tentan desertar. Podedes baixar o informe en pdf se premedes aquí.
Estes nenos, que proceden na súa maior parte de familias pobres, loitan nunha guerra de adultos, nunha guerra que eles non entenden, contra outros nenos semellantes, que proveñen de lugares semellantes e que teñen un futuro semellante. A cor: a negra. E convértense -convértenos- nos inimigos máis implacables.
Catalina Estrada abandona os seus paseos por fermosos mundos oníricos cheos de cores para afrontar esta realidade colombiana, unha realidade que vai tapando outra e outra ata esquecer os máis débiles: os nenos.
Desarmando soños busca a eses nenos ocultos tras a néboa, eses nenos aos que a enaxenación e o delirio da guerra converten en almas perdidas que aboian no limbo agardando espertar, renacer, descubrir que estaban enganados, que ese fusil que teñen nas mans é, en realidade, un xoguete de plástico.
Un día me escapé durante el día. Había dejado todas mis armas atrás. Estaba haciendo centinela y me huí. Me cogieron después de una hora. Los milicianos me reconocieron, incluso con la ropa de civil que me había puesto. Lloré cuando me cogieron. Les rogué que me dejaran ir. Me amarraron con una cadena de metal. No podía mover mis brazos. No me dejaron hablar en el consejo de guerra. Afortunadamente votaron por no matarme. En cambio me hicieron cavar veinte metros de trinchera, me mandaron veinte veces por la leña, y me amarraron a un palo por dos semanas. Me tocó hablar al frente de todos explicándoles por qué había tratado de desertar, por qué había hecho ese error.
Estes nenos, que proceden na súa maior parte de familias pobres, loitan nunha guerra de adultos, nunha guerra que eles non entenden, contra outros nenos semellantes, que proveñen de lugares semellantes e que teñen un futuro semellante. A cor: a negra. E convértense -convértenos- nos inimigos máis implacables.
Catalina Estrada abandona os seus paseos por fermosos mundos oníricos cheos de cores para afrontar esta realidade colombiana, unha realidade que vai tapando outra e outra ata esquecer os máis débiles: os nenos.
Desarmando soños busca a eses nenos ocultos tras a néboa, eses nenos aos que a enaxenación e o delirio da guerra converten en almas perdidas que aboian no limbo agardando espertar, renacer, descubrir que estaban enganados, que ese fusil que teñen nas mans é, en realidade, un xoguete de plástico.
Vía Todas
Sen comentarios
Publicar un comentario