Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/07/09

Almas grises

Tenra, triste, marabillosa, inesquecíbel... todo isto e moito máis é esta novela, Almas grises de Philippe Claudel de quen xa vos falei outra vez a propósito de La nieta del señor Linh. Lembrade este autor, por favor, porque paga a pena retelo. Asegúrovos que unha vez lido non poderedes entrar nunha libraría sen botar unha ollada buscando algo del. Creo que pronto terei outro libro seu nas miñas mans. Mellor dito, devorareino.
Almas grises deixa o gris na alma cando rematas a súa lectura. O entusiasmo vén posteriormente, cando sacodes a tristura que este libro transmite. Unha tristura inherente ao lirismo que impregna toda a obra. Porque o libro vai máis alá do que nos conta a acción, un caso de asasinato dunha nena ocorrido hai vinte anos, coa desazón que provoca a bruma das nosas vidas, os recunchos das nosas almas, xa que non hai ninguén tan malo como semella, aínda que hai moi boas persoas, tanto "que ata a morte as quere con ela". No mundo non abundan os bos sentimentos porque a dor os destrúe. O mundo fai que sexamos grises, é o mundo quen ten o poder de nos cambiar.
O final é totalmente arrollador. O drama verdadeiro que se agochaba ata as últimas liñas.
Hai que lela. Mellor dito, hai que ler a este autor, por imprescindible. Porque é poesía transformada. Porque é auténtico. E máis.

Se suele decir que la vida es injusta, pero la muerte todavía lo es más, o en todo caso, el morir. Unos sufren y otros se van como en un suspiro. La justicia no es de este mundo, pero tampoco del otro.

5 comentarios:

biblioteca dixo...

Es uno de los libros que tengo pendientes para estas vacaciones. Muy recomendable la película dirigida por Claudel "Hace mucho que te quiero", dicen, que inspirada en parte en Almas grises. Te va a encantar.
Felices vacaciones.
Marga

Enesto dixo...

Empeceino antonte, merqueino porque mo dixeron Fernando e Xulio hai un ano, ti tamén me falaras de Claudel...veremos.

Ronsel dixo...

xa verás como te impresiona, palabra. Claudel é un dos mellores do momento, polo menos para min. Mágoa que só teña tres libros... que eu saiba

Ernesto dixo...

Remateino na ponte, deixeino e retomeino. Gustoume, pero quedeime coa sensación de que non o lin no momento adecuado, é o terceiro seguido onde morre unha nena!!xa non sei cal é a morta de cada libro.

Ronsel dixo...

Que cousas tes, Ernesto! Pero tes razón, cada libro ten o seu momento. Eu sigo crendo que este autor é o mellor do mellor.
Bicos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.