Quizais o máis interesante da novela sexa que a pesar da súa brevidade, a autora é quen de nos reseñar o máis importante das vidas dos personaxes principais, situando o lector nun plano omnisciente que o dispoñerá a saber as reaccións de cada un deles; e adobiado con todo tipo de temas espiñentos como enfermidades terminais, atentados, malversacións...
De todos os xeitos, semella unha historia pouco crible con demasiadas casualidades que rematan como pinga que colma o vaso nun final tan feliz como incrible. O último capítulo é xa un conto de princesas!

Sen comentarios
Publicar un comentario