Tres días nos territorios ocupados de Cisjordania som suficientes para decatarse do significado que 'Lager' (campo de concentración em alemán) pode ter na sociedade do risco contemporánea. A anulación do réxime de cidadanía unha poboación enteira pola vía da emerxencia, e a fragmentación en arquipelagos dos territorios e afectos que constitúen o centro de qualquera comunidade humana, son rasgos centrais da política étnica israelí.
Na periferia atopamos os tres eixos transversais dunha dinámica colonial profundamente ambivalente, sofisticada e rudimentaria: impedir de forma física e burocrática calquera apéndice de libre mobilidade da poboación árabe de Cisjordania, controlar, tutelar e apoderarse da capacidade de produción material e subtraer de xeito continuo os seus recursos e bens comúns.
Apenas tres días son suficientes para percatarse do exponencial exercicio de dignidade que atravesan diariamente miles de persoas nas terras da Palestina Histórica.
Palestina non se traduce só nun son máis forte ca un ouveo, máis apremiante que o lamento. Palestina é, singularmente, un mar de diginidade colectiva contra o brutal avance do deserto. Ante as inxustizas sistemáticas, hoxe en día cómpre estar do lado dos que toman parte. Tomar partido aquí significa retomar vellas palabras, pero sobre todo emprender fermosas prácticas: parte e fin, solidariedade.

Sen comentarios
Publicar un comentario