Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/05/10

Unha sorpresa para o final

Semella que podemos inventar isto por incrible. Semella que neste mundo xa non se coñecen palabras como solidariedade, decencia, xustiza. Semella, cando menos, que todos aqueles que moven os fíos televisivos, acostumados como están ao tele-lixo, esqueceron calquera signo de cordura.
Lino o outro día e non tiven tempo de volver a esta nova que me sacudiu as entranas: Manolo Lama, xornalista deportivo de Cuatro, rise dun mendigo que vive na rúa, morto de frío, na conexión que realizaron en directo co gallo da final futbolística (o único importante no noso país). Seica, a situación foi que os seus compañeiros dixeron -"Sé que tienes una sorpresa para el final" e logo rin a nova.
Xa non falo de que tipo de xornalismo é este. Falo de que tipo de persoas son estas. E non o comprendo. Estas persoas son os espellos do noso alumnado cada día.





Insoportable.

Reacción de J.R. Mora:







“La pobreza de nuestro siglo es distinta a la de épocas precedentes. No es, como antes, resultado de una escasez natural, sino de una serie de prioridades impuestas en todo el mundo por los ricos. En consecuencia, los pobres modernos no son objeto de lástima, sino que son marginados como basura.” John Berger.

Vía

1 comentario:

Anónimo dixo...

Non é para tanto. Igual é peor darlle as costas e tomar un café. As formas están afogando ao fondo, a lúa sobre a auga.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.