Sempre digo que Manuel Rivas gústame máis nas "distancias curtas", é dicir, nos seus fascinantes relatos (inesquecible Que me queres, Amor?) e nos artigos xornalísticos, sempre certeiros. Por iso, ler a que de momento é a súa última novela, Todo é silencio, dábame un pouco de medo; de feito, o comezo semellou que ía defraudarme, como era previsible que acontecese despois de tanta loanza. Pero logo non sucedeu así.
De Todo é silencio hai que falar, posto que é falando como podemos compartir a nosa paixón pola Literatura, pola palabra escrita, pola lingua ben trazada, pola historia que nos apreixa. De Todo é silencio hai que falar para que non se oculte no esquecemento da mudez. De Todo é silencio hai que escribir para que se saiba que non sempre aquel é o axeitado.
Non creo que sexa unha obra mestra. En realidade, de moi poucas novelas podemos afirmar algo así. Pero creo que paga a pena lela. Como bo xornalista que é, Manolo Rivas realiza unha tese de xornalismo histórico: as diferentes fases do ocorrido na Galicia costeira, nunha vila que nos lembra a varias á vez chamada por el polo -para min- desafortunado nome de "Brétema". Así vemos como vai dende naufraxios pasando por diferentes tipos de contrabando ata chegar ao narcotráfico, parte máis importante e onde se centran a maior parte dos acontecementos. Non sorprende a evolución dos personaxes, nin os diferentes anacos poéticos aos que nos ten acostumoad@s o autor. Sorprende, e non me gusta, o final, creo non moi axeitado para a evolución da novela, onde tal como reza o título "todo é silencio" porque este se compra: unha enchenta de violencia desigual que nos abouxa un pouco. Como nos ocorre tantas veces, semella que "había que acabala".
En fin, unha novela a ter en conta no panorama da nosa narrativa, como todo canto escrito sae da pluma de Rivas. Sigo pensando que o prefiro nas "distancias curtas" (ollo", na escrita!) aínda que podo recomendar a lectura desta novela sen temor a errar. Sei que vos vai gustar porque paga a pena lela.

5 comentarios:
Pois voume atrever a opinar aínda que pode que me caia un chaparrón...
A min... estame custando rematala. Xa a deixei varias veces e volvín... e nada. Non consigo entrar na trama nin nos personaxes.
A linguaxe é fermosa, moi fermosa, coma sempre no autor. Pero a obra... a construción ¿..?
Xabimusic
Un chaparrón? Por que? O grandioso da Literatura, da Arte, é isto precisamente, valorar subxectivamente.
Cando hai moitos anos dixen que Rivas era un gran contista pero mal novelista case me comen.
E se non che gusta... déixaa. Hai moito que ler para estar intentándoo con algo que non nos vai.
E que eu ás veces leo "por militancia" (jajaja)
(Grazas pola túa comprensión, mestra)
Xabimusic
Iso adoita ocorrer. Pero ás veces cansa.
Teño que dicir que cando tiña lido sobre un tercio do libro, pasoume algo semellante ao de Xabi, estaba medio atascado, e estiven a puntiño de deixalo. A trama era moi liosa, semellaba non estar ben construida. Aínda así, seguín lendo e, pasado ese tramo, enganchoume tanto o libro que non puiden deixar de ler ata rematalo.
Publicar un comentario