Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/01/11

La guerra

Curta nominado aos Goya dirixida por Jorge Dorado como mellor curtametraxe de ficción no ano 2007. Logrou 60 premios en festivais nacionais e internacionais.
Unha historia dura sobre a guerra e as súas consecuencias vista dende os ollos dun neno. A Guerra é puro risco narrativo e de posta en escena e aí é onde radica o seu encanto. Estupendo traballo cunha capacidade de síntese enorme, e que dá unha imaxe clara e directa do que un conflito armado significa para a poboación civil, e que pouco ou nada ten que ver coa fanfarra, os ouropeis e as marchas militares dos que comen cada día grazas ao sacrificio dos máis pobres e inocentes.



Vía Sarmiento

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.