A emoción, un día despois, pervive. Onte foi unha xornada memorable na historia do IES Chano Piñeiro: recibir a Xabier Docampo e a Xosé Cobas, parella de feito, para nos falar do seu proceso de creación, ben merece unha páxina nos anais deste edificio vetusto que loita cada día por darlle ao alumnado do rural as mesmas oportunidades que outro ten só por vivir no centro da cidade ou por estar nun instituto numeroso.
De Xabier Docampo pouco podemos engadir ao que xa comentaramos o ano pasado cando no medio da borrasca xurdiu a súa luz. Onte volvemos a reafirmarnos: deixa unha pegada indeleble no recordo do alumnado, coa súa natural graza e sentido do humor.
E que dicir de Xosé Cobas? Cobas é unha desas persoas que destilan bonhomía nada máis velos. Sábese que ao seu carón estase libre de enganos. Hai poucas persoas que leven retratada a bondade nos ollos: Cobas é un deles. A súa humildade é o que máis chama a atención, visto os innumerables atributos artísticos dos que goza. Admirar a súa arte, coller os lapis de cores e debuxar nun intre unha granada, por exemplo, deixa estupefacto a calquera.
Mergullados na actividade da Educación Ilustrada, este tándem perfecto, que nos deixa -de momento- máis de 20 libros para gozar de ambos xuntos, viñeron falarnos do seu proceso de creación. En palabras de Xabier Docampo, ambos buscan crear unha obra conxunta, non poñer ilustracións a unha obra. O proceso de creación conxunto evita a redundancia, algo que ocorre normalmente na ilustración; pola contra, eles buscan non dicir o mesmo dúas veces. Para iso é necesario que o que escribe Docampo non sexa un texto definitivo, senón que pode ser modificado; Cobas, logo dos primeiros bosquexos, pode cambiar o texto.
En palabras de Verlaine, a obra literaria sempre é inacabada ou abandonada: a obra sempre está aberta. Por iso Docampo asegura que o ilustrador di o que el non conta. Ratificando as afirmacións de Anthony Browne: o ilustrador débese coar polas fírgolas por onde meterse no texto. Docampo, convencido, reitera: as ilustracións non deben repetir o que di o texto, se fai isto falla a obra conxunta; a lectura non debe ser "aditiva", non é a suma de dúas partes senón que é unha unidade. O llibro ilustrado debe ser a totalidade entre o que di o texto e o que di a ilustración.
Cobas, cando comezou a súa intervención, corroborou: "eu interpreto o texto de Docampo"
Despois das palabras, comezou a acción. Esta foi a parte que máis nos gustou.
Docampo contounos un conto e Cobas procedeu a ilustralo. E resultou ser un momento máxico.
A historia dicía máis ou menos así:
Hai un home nunha cela no fondo dun gran edificio. Non sabemos a causa pola que está encerrado. O feito de estalo é en por si tan dramático que case non importa a causa.
Está só. Non hai nada na cela. Moi, moi alto, un ventanuco por onde entra a luz.
O home maxina que poderá ver algo a través desa fiestra. Unha paisaxe, quizais. Por iso, quere chegar a ela sexa como sexa. Pero está moi alta! E comeza a saltar. Cada día e cada vez logra saltos máis grandes. Ata que un día chega a tocar na sobreira da fiestra. O que lle dá novos folgos.
Por fin, un día consegue saltar tanto que pode apoiar os antebrazos e enfrontar o cadrado de luz. Logo conquistará as propias rellas. Pode mirar para fóra. E fóra só ve o ceo que ilumina o día. Ou o ceo que ilumina a noite.
Aquilo é o máis parecido á liberdade que pode ter.
E permanecerá agarrado para ver a luz. Non se sabe por canto tempo. Pero é canto ten.
Neste momento, Docampo cala e Cobas comeza.
Deixamos de respirar.
A arte obríganos a inventar o mundo.
E nós queremos formar dese mundo.
Este é o conto de Docampo na extraordinaria voz de Cobas:

Grazas mil veces pola vosa xenerosidade.
20 comentarios:
Forcarei empeza a existir (virtualmente falando) dende que xente coma vós facedes que se produza o milagro.
Esta charla gustoume,moito son mois graciosos
Actividade divertida grazas a Xabier Docampo e a Xosé Cobas.
gustoume moito,foi moi divertido e interesante
Divertinme moito porque Xabier e Xosé son moi garciosos e agradables.
Pareceume moi bo que veñan a darnos conferencias ilustradores e escritores porque é unha forma de aprender,pasalo ben e divertirse.
Foi una mañá moi divertida, Xosé Cobas e Xabier Docampo fixeron que pasasemos unhas risas mentres nos explicaban os libros ilustrados. O mellor momento foi cando Xosé fixo o dibuxo dun conto que contou Xabier, ese poder de contar un conto só nun debuxo e incrible. =)
Xabier e Xosé son moi simpáticos e graciosos, pasamolo moi ben incrible.
Encantoume,paseino moi ben.Grazas por vir a Forcarei,espero que veñades máis veces.
Gustoume moito a visita de Xabier P. Docampo e Xosé Cobas, Xabier é moi gracioso e Xosé fixo uns debuxos moi chulos.
Foi unha charlaa moi entretida e graciosa.Gustoume moito, paseimo moi ben.
Gustoume moito,foi divertido.
A visita de Xabier Docampo e Xosé Cobas foi entretida, sobre todo gustoume o debuxo do home paxaro de Xosé Cobas.

A min gustoume moito a conferncia que deron .Son moi graciosos tanto un como o outro.

Foi moi divertido, gustarìame repetir ese dia!
Foi moi divertido e rímonos moito , pero o que máis me gustou foron os debuxos do paxaro que intentaba escapar da prisión e o da granada .
Ese día paseino moi ben,o ilustrador fixo un debuxo depois de que Xabier contara unha historia.
este charla gustoume moito poque foi moi entretida e rinme moito con xavier
Publicar un comentario