Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/06/12

Moraima

Un dos máis fermosos poemas de amor que existen. Un dos poetas máis grandes da nosa literatura. E agora, un traballo que merece todos os nosos parabéns: catro alumnas de 1º de Bacharelato do IES "Castro Alobre" de Vilagarcía de Arousa (Inés, Ainhoa, Irene e Loaira) realiza este fermosísimo vídeo para conmemorar o ano Celso Emilio. Detrás, unha profesora desas da pública que traballan "pouco" -non podía ser doutro xeito-. É que iso... nótase.
Grazas, Carme Moure.
Parabéns, a ti e ao teu alumnado.



1 comentario:

Belén dixo...

Precioso,
Cando eu estudiaba nese instituto era demasiado rancio e non faciamos cousas tan chulas.
Comparto!
Bicos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.