Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/12/13

Como os libros poden abrir a nosa mente

Como último día do ano, tiñamos que falar de libros. E para facelo, nada mellor que falen por nós porque sei que o fan moito mellor. Así que déixovos este vídeo onde Lisa Bu busca o seu camiño grazas á lectura:

O que acontece quando um sonho que tínhamos desde a infância... não se torna realidade? Assim que Lisa Bu se ajustou a uma nova vida nos Estados Unidos, ela voltou-se para os livros para expandir a sua mente e criar um novo caminho para si própria. Ela partilha a sua abordagem única sobre a leitura nesta palestra adorável e pessoal sobre a magia dos livros. 
Um vídeo brilhante, inspirador, para quem adora e acha que os livros além de nos instruir podem nos tornar melhores seres humanos.

30/12/13

El hombre que plantaba árboles

Curta dirixida por Frédéric Back.



O libro témolo en galego grazas á editorial Galaxia: O home que plantaba árbores:


El cuento de una rata mala



Encantoume este cómic que publica Astiberri sobre malos tratos e abusos sexuais de Bryan Talbot -con introdución de Neil Gaiman-: El cuento de una rata mala é un clásico premio Eisner á mellor novela gráfica de 1995. Ademais de tratar o tema que vos dixen, a orixinalidade radica asemade en que a protagonista segue as pegadas de Beatrix Potter (a famosa literata infantil inglesa), percorrendo Inglaterra na procura da súa propia identidade. Así, o libro é quen de enganchar o lector/a dende o primeiro momento, cando descubrimos unha moza pedindo esmola cunha soa compañía: a dunha rata. Sabe manter o ritmo en todo momento grazas á verosimilitude da historia mesturada coa fantasía do debuxo e a presenza desa rata xigantesca que nos sorprenderá continuamente. E a pesar da dureza do tratado, a mensaxe que nos chega é de esperanza e optimismo.
Imprescindible.

Komic Librería: El cuento de una rata mala













“Una historia maravillosamente plasmada sobre, en última instancia, el significado y el valor del arte y la ficción, sobre lo que extraemos del pasado y aquello que queremos aportar al futuro. Una historia de coraje, dolor y supervivencia”. (Neil Gaiman).

Komic Librería: El cuento de una rata mala



Komic Librería: El cuento de una rata mala

Komic Librería: El cuento de una rata mala
.Komic Librería: El cuento de una rata mala



Ler na Guerra

13 carteis vintage sobre ‪bibliotecas‬ e lectura‬ durante a Primeira e a Segunda Guerra Mundial:

Read to Win the War: 13 Vintage Posters Promoting American Libraries

Read to Win the War: 13 Vintage Posters Promoting American Libraries
c. 1926

Read to Win the War: 13 Vintage Posters Promoting American Libraries
c. 1921

Read to Win the War: 13 Vintage Posters Promoting American Libraries
c. 1925

Read to Win the War: 13 Vintage Posters Promoting American Libraries
c. 1918

Read to Win the War: 13 Vintage Posters Promoting American Libraries
c. 1944

Read to Win the War: 13 Vintage Posters Promoting American LibrariesExpand
c. 1918

Read to Win the War: 13 Vintage Posters Promoting American Libraries
1926

Read to Win the War: 13 Vintage Posters Promoting American Libraries
c. 1918

Read to Win the War: 13 Vintage Posters Promoting American LibrariesExpand
c. 1943

Read to Win the War: 13 Vintage Posters Promoting American Libraries
c 1926

Read to Win the War: 13 Vintage Posters Promoting American Libraries
c. 1942

Read to Win the War: 13 Vintage Posters Promoting American LibrariesExpand
c. 1918

Vía

29/12/13

Destino

Animación encargada a mediados dos 40 por Walt Disney a Salvador Dalí, pero que non foi estreada ata o ano 2003.
Curta sen palabras.

O derradeiro libro de Emma Olsen

Non sabe a miña amiga e colaboradora Carme que coincidimos en tempo e lectura: onte cando me mandou esta recensión eu viña de rematar este libro (vaime matar cando lea isto!) Como ademais, concordamos, nada teño eu que engadir. Só a miña gratitude.
E como esta será a súa última colaboración deste 2013, quixera engadir algunhas palabras.
Vai xa para os dous anos cando Carme Moure aceptou colaborar con este blogue mandando unha opinión mensual sobre un libro do seu agrado. Sempre puntual, invariablemente, os primeiros días de mes chegaba un seu correo na miña axuda. Carme é unha desas persoas que traballan vinte horas diarias para que o ensino público galego sexa mellor cada día, para que a nosa lingua e a nosa literatura non esmoreza. Entusiasta, sacrificada e laboriosa, bríllanlle os ollos cando fala dos resultados do seu alumnado, cando compartimos lecturas, cando me descobre libros, cando le poesía. É unha persoa vital que sabe o que fai. E é unha grande amiga e persoa. Por iso, dende este pequeno habitáculo, quería agradecerlle o esforzo que supón para ela mandarme cada mes a súa reflexión lectora. Este mes de decembro, cando agobiada por exames e avaliacións, non puido mandarma, notei a súa inquedanza por non cumprir, coma se isto fose unha obriga e non un divertimento. Así que o meu recoñecemento público e privado é dobre.
E agora si, déixovos coas súas palabras, que fago miñas tamén:


                O derradeiro libro de Emma Olsen, premio Narrativa Breve Repsol 2013 publicado pola editorial Galaxia, é unha desas novelas que deixan un bo sabor de boca e das que non te arrepintes ter mercado. Berta Dávila, a autora, di no seu blog Confabulario novo (absolutamente  recomendable) que a historia naceu a partir dunha fotografía de Ann Sexton diante dunha máquina de escribir e este é un dos nomes literarios que se repiten na biografía de Emma Olsen. Narradora, nos estertores dun cancro terminal, decide voltar a Faith e escribir  a súa vida neste lugar de Dakota do Norte, no que naceu, viviu e logo, fuxiu.
                Faith é o lugar de Emma e de Clarissa, dos Olsen e dos Logan , de Anna e de Luke, do profesor Montana e de Bill. Aínda que todos estes personaxes teñen a súa importancia na historia, e cada un deles merecería outra novela breve, quedaría, primeiro, co do profesor Montana, a quen Emma axuda a ordenar a súa biblioteca, abríndoselle así, para ela,  o mundo da literatura (pode parecer tópica esta situación, mais non resulta así na novela). E segundo, Clarissa, sempre Clarissa, sen ela non habería historia. Porque Clarissa é o límite, o prohibido, a vertixe, o medo, o xogo, a vida e a morte. Foi ler por primeira vez o seu nome e asocialo inmediatamente con Clarissa Dalloway, a protagonista de A señora Dalloway, de Virginia Woolf, e nalgún momento, si se vinculan as vidas destas dúas mulleres. Personaxe fascinante o de Woolf, pero tamén o de Dávila.
                Mágoa que Emma Olsen sexa só ficción e non poidamos ler algunha das súas obras mencionadas nos pés de páxina (Dream Grass,pola que obtivo o Pulitzer, Mum, Homes de palabra, To do something…). No apartado gramatical, maior atención na colocación dos pronomes e na puntuación. Como banda sonora: Connie Francis ou Loretta Lynn (para unha, que lle gusta o country, foi un pracer escoitar o "Don´t come home a drinking").




                Díxome unha vez o señor Montana que a característica común a todas as grandes historias é que poderían ocorrer en calquera parte do mundo” (páx 27)
                Ao cabo, todo aquel que escribiu unha novela sabe que contar unha historia inventada é o xeito máis sinxelo de rematar falando do que máis nos importa de nós mesmos, e que cando tratamos de dicir a verdade prescindindo das máscaras da literatura a dose de mentira é sempre moito maior” (páx 88)

Non á violencia contra as mulleres (CCCXLII)

Sobre o maltrato psicolóxico:


28/12/13

Carpark


vía

El sueño oscuro y profundo

9788499186153

En plena crise lectora, cansa aínda de exames e avaliacións, acudo, como non, á miña mellor droga, que non é outra que un chute de novela negra. Desta volta, un dos mellores escritores do xénero, Craig Russell e a súa últia entrega co detective Lennox: El sueño oscuro y profundo publicado por Roca. Xa sabedes que esta serie transocrre no Glasgow dos anos 50 e o detective é un personaxe duro, de mal carácter -estragado por ter que loitar na guerra- que finalmente tenta facer o correcto. Nestes libros intuímos a aparición das mafias actuais na figura deses Tres Reis temibles e dominadores dos baixos fondos da cidade, mentres existe unha policia corrupta e a corrupción vai domesticando moitos ámbitos soiciais (sóavos de algo?). O noso detective, como persoa (persoa humana, dirían algúns) que é, tenta redimirse, ser mellor persoa, ter un futuro alegre, pero cae en contradicións e cambios continuos. É o destino ou hai cousas que non poden cambiar? O autor deixa unha porta aberta a unha posible relación que quizais sexa a solución para o noso personaxe.
O feito de situarnos nos anos 50 insta ao autor a que as súas novelas policíacas adquiran un ton diferente ao xénero negro actual, e lembrándonos aos grandes como Chandler: non hai móbiles nin análises de ADN, só enxeño, armas e forza bruta, acompañados, iso si, do poder da intelixencia, do humor e do sarcasmo.
Deixádevos atrapar polo frío glasgowniano.

27/12/13

NYT

Animación que resume o ciclo da vida:


Vía

Soy pequeñito


A editorial A buen paso publica este álbum de Juan Arjona e Emilio Urberuaga: Soy pequeñito é un doce xeito de ver o mundo dende a infancia, de saberser protexido en todo momento. O texto consegue que o lector se sinta nun ambiente case misterioro pero ao mesmo tempo acolledor con ese ton hiperbólico que as ilustracións ofrecen nun ton de simpatía e achegamento. Con moito sentido do humor asisimos á valentía do protagonista: aquela que dá o saberse querido polos maiores.


El único y verdadero rey del bosque

El único y verdadero rey del bosque
A verdade é que Iban Barrenetxea conquistoume hai moito e tento conseguir os seus libros todos. Se mirades neste blogue toparedes Por el color del trigo, Blancanieves, El cuento del carpintero, Bombástica Naturalis e O cazador e a balea, o primeiro libro que del coñecín, aínda que teño que recoñecer que foi con Bombástica cando me namorou.
Agora chego a este álbum que é considerado como un dos mellores álbums deste ano que está acabando. El único y verdadero rey del bosque publicado pola editorial A buen paso, que tan bo sabor de boca nos está deixando, é un conto ao estilo tradicional e oral, cun rei déspota, tres irmáns (un parvo e grande, outro medoñento e pantasma e a muller práctica, traballadora e mandona) e un raposo que destaca por suposto pola súa astucia... e a súa tremenda beleza. Porque xa antes de velo, antes de gozar coas ilustracións que Barrenetxea nos propón, xa o noso maxín pintouno no cerebro como o animal tan fermoso que logo se nos amosa. Porque o ilustrador é tamén autor, e sabe conquistar coas palabras.
Diversión, ledicia e encanto nun conto fermoso, fantástico e ideal para ler, contar e gozar. Ou sexa, que é un libro que hai que ter. Si ou si!
Barranetxea
Barranetxea




rey-bosque-4
Si un viajero se aventurase a cruzar los helados mares del norte, si los vientos y las mareas le fueran propicios, si sorteara las tempestades y los monstruos marinos se apiadasen de él, desembarcaría en un lugar donde los inviernos son largos y oscuros y en verano el sol jamás se va a dormir. Si el viajero, tras besar la tierra -como debe hacer cualquier viajero que se precie de serlo-, caminase tantas leguas como horas tiene el día, llegaría hasta un bosque de abedules. Alli, a la sombra de los blancos abedules tal vez, y sólo tal vez, el viajero llegaría hasta una casita de madera: la casita de madera de Jaska, Kaspar y Masia.

rey-bosque-5


rey-bosque6

26/12/13

La cerillera

Curta sen palabras, adaptación de Disney sobre un conto de Hans Christian Andersen:


Cartas que veñen e van


Outro libro-disco que nos agasalla a editorial Galaxia é este Cartas que veñen e van con ilustracións redondeadas de María Lires, textos de Susa Herrera e música de Mamá Cabra. Imposible non sentir a música e pórse a bailar cos ritmos que Mamá Cabra -Premios Galegos da Música Martin Códax- nos ofrece. Cartas musicais a animais feitiños coma o gatiño, o elefante Casimiro ou o branco oso polar. E agora, a gozar e a bailar!




Toc Toc




Publica a editorial Galaxia este libro-disco de Pablo Díaz con ilustracións de Nuria Díaz: Toc Toc é un agasallo precioso nestas festas para que a rapazallada cante e baile, mentres goza coas alegres ilustracións de Nuria. Por aquí pasa o Apalpador, pero tamén Pedro Chosco, porque cada nova canción, cada páxina, constitúe unha sorpresa que ben pode ser unha abordaxe pirata.
Porén, non me acaba de convencer a edición do libro, non sei moi ben como explicar esa sensación de falta de limpeza. Manías miñas, supoño. Pero... seguro que lles encantará!








25/12/13

German Coppini



Un outro adeus :

I know you care

 Continúan os bombardeos sobre a poboación siria. As cifras? Máis de 11.000 nenos e nenas sirias poden ter perdido a vida nestes case tres anos de conflito, vítimas inocentes, unha vez máis. Como esixir a fin desta guerra?
Save the Children  traballa alí para asegurar que nenos e nenas teñan acceso á comida, medicamentos e protección. A canción "I know you care" foi cedida por Ellie Goulding para apoiar esta ONG.


24/12/13

O aborto segundo George Carlin

23/12/13

Mudos - Mute

Grima dáme...


Vía

Sopra neste furadiño


Dos álbums para peques que vin nestes últimos días, este foi un dos que máis me gustou porque supón unha interacción do lector coa crianza que escoita, un verdadeiro xogo onde se dan a man, asemade, poesía e ilustración. Estamos a falar de Sopra neste furadiño de Antón Cortizas e Leandro Lamas publicado por Edicións Embora. Troquelado para soprar, o libro tráenos rimas divertidas, breves, que convidan a achegarse ao burato e non parar de soprar. Porque... quen se resiste? Se ata podes facer voar un elefante! E, por suposto, non esquezades pararvos nas fermosas ilustracións deste artista irrepetible.
Non sopraches nada ben;
achega a boca ao furado
e sopra nel outra vez.
Sopra, meu amor,
dáme un biquiño de vento
e eu a ti dareiche dous.



As Cándidas e a lei do aborto

Hai xa uns meses as Cándidas Católicas Compostelanas saudaron entusiastas a aprobación da reforma da lei do aborto apadriñada por Gallardón, o ministro máis molón. Despois dunha longa espera, hoxe por fin parece que as Cándidas máis Ultracatólicas da escena teatral poderán por fin brindar cunha cunha copiña de Sansón.
Menos protestar e máis procrear!



Efectos da pobreza

Campaña de Manos Unidas:


22/12/13

A Era do Papel (Paper Age)

A miña primeira Rosalía

Un libro indispensable, un agasallo axeitado, unha aproximación acaída... Isto é máis é este A miña primeira Rosalía, de Xiana e Xosé Lastra con ilustracións de María Manuela, unha homenaxe a unha persoa que puxo a súa voz ao servizo da nosa lingua, das mulleres (e hoxe máis ca nunca canto o necesitamos) e dos máis desfavorecidos. Un libro-disco con doce pomes musicados interpretados por María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra.
Ademais, o libro ofrece unha breve antoloxía da poeta, xunta unha axeitada introdución á vida e á obra de Rosalía de Castro. Asemade, o libro-disco ofrece ilustracións que mesmo axudarán a sentir os poemas ao lectorado máis novo. Un libro, por tanto, para todos os sentidos.





 (

Non á violencia contra as mulleres (CCCXLI)

Vídeo denominado "Machista, vete de aquí":


21/12/13

Para Un Niño En La Calle



A esta hora exactamente hay un niño en la calle,
hay un niño en la calle.
Es honra de los hombres proteger lo que crece,
cuidar que no haya infancia dispersa por las calles,
evitar que naufrague su corazón de barco,
su increíble aventura de pan y chocolate.

Poniéndole una estrella en el sitio del hambre,
de otro modo es inútil, de otro modo es absurdo,
ensayar en la tierra la alegría y el canto
porque de nada vale si hay un niño en la calle.

Calle 13:
Todo lo toxico de mi país a mi me entra por la nariz,
lavo autos, limpio zapatos,
huelo a pega y también huelo a paco,
robo billeteras pero soy buena gente, soy una sonrisa sin diente-
Lluvia sin techo, uña con tierra,
soy lo que sobró de la guerra.
Un estomago vacío, soy un golpe en la rodilla que se cura con el frío,
el mejor guía turístico del Arrabal,
por tres pesos te paseo por la capital.
No necesito visa pa' volar por el redondel,
porque yo juego con aviones de papel.
Arroz con piedra, fango con vino-
y lo que me falta me lo imagino.

Mercedes Sosa:
No debe andar el mundo con el amor descalzo,
enarbolando un diario, como un ala en la mano,
trepándose a los trenes, canjeando-nos las risas,
golpeándonos el pecho con un ala cansada.
No debe andar la vida recién nacida presa-
la niñez [...]
Porque entonces las manos son inútiles fardos,
y el corazón apenas una mala palabra.

Calle 13:
Cuando cae la noche duermo despierto,
un ojo cerrado y el otro abierto,
por si los tigres me cupen un balazo,
mi vida es como un circo pero sin payaso.
Voy caminando por la sanja,
haciendo malabares con cinco naranjas,
pidiendo plata a todos los que pueda
en una bicicleta de una sola rueda,
soy oxigeno para este continente,
soy lo que descuidó el presidente.
No te asustes si tengo mal aliento,
o si me vez sin camisa con las tetillas al viento-
yo soy un elemento más del paisaje,
los recibos de la calle son mi camuflaje,
como algo que existe, que parece de mentira
algo sin vida- pero que respira.

Mercedes:
Pobre del que ha olvidado que hay un niño en la calle,
que hay millones de niños que viven en la calle,
y multitud de niños que crecen en la calle-
yo los veo apretando su corazón pequeño.
Mirándonos a todos con fabula en los ojos,
un relámpago trunco les cruza la mirada,
porque nadie protege a esa vida que crece,
y el amor se ha perdido
en un niño en la calle.

Calle 13:
oye, a esta hora exactamente hay un niño en la calle.

Memoria de elefante


Fermoso álbum publicado por Libros del Zorro Rojo con texto de Corine Jamar e ilustracións de Karim Maalouf: Memoria de elefante é un canto á memoria, unha historia delicada e poética que nos avisa dos perigos de non querer mirar para adiante, de tirar os nosos recordos para fóra e botalos a andar para reviviren, de aferrarnos a unha dor pasada e non deixar medrar o presente nin ou o futuro.


Sempre hai un lugar para a poesía (CXI)

 Vino no Facebook de Paz Pereiro e non me puiden resistir:

Selección de poemas por Raquel Lanseros

VILLANCICO REMOTO

Hubo un tiempo en que el musgo estuvo entre mis manos.
Acercaos…

Parecía murmurar en las rocas.
El verde intenso es siempre guardián de la alegría.
Dicen que el musgo duele y acaso eso sea cierto
pero en la infancia el frío todavía no existe.
Yo tuve un cielo claro de abuelos y estrellas,
una casa en solsticio y un jardín en el alma.
Con musgo construimos la noche más extensa
mientras el río y la nieve celebran sus bodas.
Cómo no iba a dejarme hechizar por el fuego,
irrepetido siempre aunque en el mismo sitio.
Los ancianos del pueblo rememoraban cantos
tan hondos que sanaban a fuerza de ser tristes.
Ya no queda la escarcha ni el musgo ni el solsticio.
La claridad precisa del río es un relámpago.
Cuántas veces la vida cambia hogar por sendero,
como niño por hombre y sonido por ruido.
Ahora comprendo el tacto implacable del frío,
reconozco el peor: el que hiela por dentro.
Bajo las noches largas del filo de diciembre
sigo buscando el musgo que me devuelve a casa.
RAQUEL LANSEROS
Ilustraciones de BÀRBARA SANSÓ

Vía

20/12/13

Aullido

Publicado por Sexto Piso e ilustrado por Eric Drooker, este Aullido con texto do escritor da xeración Beat Allen Ginsberg (de 1956) non pasa desapercibido. Resultamente realmente impactante no seu conxunto, cun texto sobre a sociedade deshumanizada como polas ilustracións que o converten nunha novela gráfica demoledora. O autor amosa todo o malo da sociedade para abrir unha porta á esperanza; poema urbano e desesperado, epopea contra a sociedade deshumanizante e poesía vangardista onde domina o irracional. Dividido en catro partes, será a última a que amose o ton optimista para darlle a volta a todo o anterior, onde amosa a enfermidade, a drogadicción, o capitalismo, a militarización e a industrialización que converte os homes en máquinas non pensantes.





“Vi las mejores mentes de mi generación destruidas por la locura, hambrientas histéricas desnudas,
arrastrándose por las calles de los negros al amanecer en busca de un colérico pinchazo”
 
 










 

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.