Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/07/15

Un bico para Osiño

 Seguimos con outra entrega de Else Holmelund Minark que conta coas ilustracións de Maurice Sendak: Un bico para Osiño (de 1968) é a continuación do libro do que falamos onte, Osiño. Publicados todos eles por Kalandraka. Seguimos namorando desta familia, agora cun libro cheo de amor, amor familiar e de bicos que pasan duns a outros, coma mensaxe que non dá chegado. Todos os habitantes do bosque participan nesta ligazón de sentimentos que tardará en chegar  pero que será unha delicia trasnmitir... ou unha dificultade. Nunca un recado demorou tanto no bosque! Pero é que iso é o que ten o amor, que cadaquén goza con el á súa maneira. Un texto sinxelo para un sorriso no lector ou lectora que rematará asemade con ganas de bicar.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.