Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/07/15

Osiño


Primeira entrega desta serie de Else Holmelund Minark que conta coas ilustracións de Maurice Sendak e que vén de publicar, como non, a editorial Kalandraka: Osiño vai ser o protagonista dunha riquiña familia de osos humanizados, unha familia que nace no ano 1957. Desta volta, son catro os relatos que temos no libro, catro contos sobre aspectos da vida cotiá destes animais encantadores que provocan amor só coas ilustracións, inspiradas nos gravados antigos, que transmiten ante todo tenrura. 
Como non namorarnos deste osiño que ten frío a pesar da súa pel ata sentir que esta é a mellor protección? Como non querer á súa mamá que se desvive por el cociñando ou léndolle? E como non adorar este osiño que vai á lúa nun plis-plas pero sabe que onde mellor está é no acocho da súa mamá?



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.