Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/01/16

La extraña mudanza del sr Poots

Un amigo fíxome chegar este agasallo en forma de álbum infantil: La extraña mudanza del sr Poots de David Rodríguez Lorenzo na editorial Babidi-bú, unha editorial totalmente descoñecida para min. 
Teño que admitir que foron varias as sorpresas: que estivese en castelán foi a primeira, antes de mirar a editorial -segunda sopresa- nin o contido. O propio título tamén o foi, polo nome.
Que os nomes de todos os personaxes sexan foráneos coido que é un desacerto: Sr. Frizt, Michael, June e Sr. Poots pasean por un álbum que sería máis cercano se achegase nomes de noso. En canto ao contido, estamos ante un libro que é a primeira achega dun autor-ilustrador que ten moito futuro por diante: as ilustracións xogan co texto e coas idades a que este vai dirixido. O público infantil gozará descubrindo un personaxe misterioso, de quen terán que averiguar que ocorreu con el e por que aparece ou desaparece sen máis.
A edición está ben coidada pensando en que será o lectorado máis novo quen lle dea voltas a unhas páxinas grosas en tapa dura.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.