Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/11/16

Aria for a Cow

Curta animada sen palabras:



Vía

Me llamo Lucy Barton

En Duomo ediciones podemos atopar este libro de Elizabeth Strout titulado Me llamo Lucy Barton que tanta sona ten e que a min, non podía ser doutro xeito con tanta expectativa creada, defraudoume. Está ben, conste, pero o xeito da narración resultoume demasiado fría para o contido que nos propón. Recoñezo que nesa friaxe radica asemade o seu éxito e o seu valor, pero non me acaba de convencer esa desmedida distancia que é capaz de asumir a narradora protagonista con respecto de si mesma e de todo canto lle está a acontecer. Esa estraña relación coa súa nai e os diálogos que manteñen, esa estraña relación co marido que apenas a vai ver... non sei; resulta ata de incómoda lectura. Porque semella que tan só quere indicar sentimentos, apuntalos e non profundar neles; encadea anécdotas sen deterse nelas, pinta velados rasgos do cotián; ou sexa, parec ofrecernos así un mundo imperfecto e inacabado. E si, é así. Pero non consegue chegar ao corazón lector por esa frialdade que amosa continuamente. Aínda que, de seguro, esa é precisamente a opción escollida.
Por iso coido que non brilla, que non emociona, que non chega.
Recoñecendo que é unha boa novela.

Éramos raros, los de nuestra familia, incluso en aquel pueblecito minúsculo de Illinois, Amgash, donde había otras casas destartaladas y que necesitaban una mano de pintura o unos postigos o un jardín, sin ninguna belleza en la que reposar la mirada. Las casas estaban agrupadas en lo que era el pueblo, pero la nuestra no estaba junto a ellas. Aunque se diga que los niños aceptan sus circunstancias como algo normal, Vicky y yo comprendíamos que nosotros éramos diferentes. Los demás niños nos decían en el patio de recreo: «Vuestra familia da asco», y echaban a correr apretándose la nariz con los dedos. A mi hermana le dijo su maestra de segundo –delante de toda la clase– que ser pobre no era excusa para llevar porquería detrás de las orejas, que nadie era demasiado pobre para comprarse una pastilla de jabón.

Síndrome de Asperger

Pareceume interesante este artigo de SOMarmonía:


29/11/16

El músico y la muerte

Sempre hai un lugar para a poesía (CXL)

 "La vida"

"Decidme cómo es un árbol,
contadme el canto de un río
cuando se cubre de pájaros,
habladme del mar,
habladme del olor ancho del campo
de las estrellas, del aire.

Recitadme un horizonte sin cerradura
y sin llave como la choza de un pobre,
decidme cómo es el beso de una mujer,
dadme el nombre del amor
no lo recuerdo.
¿Aún las noches se perfuman de enamorados
tiemblos de pasión bajo la luna
o solo queda esta fosa,
la luz de una cerradura
y la canción de mi rosa?
22 años, ya olvidé
la dimensión de las cosas,
su olor, su aroma,
escribo a tientas el mar,
el campo, el bosque, digo bosque
y he perdido la geometría del árbol.
Hablo por hablar asuntos
que los años me olvidaron.
No puedo seguir:
escucho los pasos del funcionario."

Decidme cómo es un árbol
Marcos Ana

Feminismo e Liberalismo

Subtítulos en español e en portugués.


28/11/16

Contre Temps

Las palabras (no) se las lleva el viento

Namorada fiquei deste álbum que ademais ofreceume un montón de ideas para as aulas. Falo de Las palabras (no) se las lleva el viento de David Aceituno e Ana Santos publicado en gran formato pola editorial Lumen. Unha reflexión sobre o poder das palabras e un xogo literario ao mesmo tempo; as palabras nos contos, as palabras mal usadas, as palabras importantes, as palabras que declaran.
As palabras que ofrecen múltiples posibilidades, porque son elas as que nomean e son elas as que nos declaran. E escollelas pode ser prioritario.
As palabras teñen poder.
E con ese poder pódese facer moito ben... ou non.

27/11/16

La librería perdida

Aurora Ruá e Oscar Perales amosan o poder da lectura en La librería perdida, álbum ilustrado publicado pola Fragatina. Un lugar, unha moza, un misterio. A solución só se poderá topar nos libros, porque neles están todas as vidas, todos os lugares, todos os mundos. Só hai que comezar a ler... e o misterio estará resolto. Porque abrir un libro é adictivo, e dese mundo non hai volta posible. 
Proba e verás.



Non á violencia contra as mulleres (CDXCII)

 Mamá África

"Por una tecnoloxía libre de conflito e violencia sexual cara as mulleres da R. D do Congo". Beleza e ritmo neste "Mamá África".
Grazas, Celia.

25/11/16

Violentómetro ilustrado

A Unidade Politécnica de Xestión con Perspectiva de Xénero, do Instituto Politécnico Nacional, catalogou cada tipo de agresión que son frecuentes na parella e que moitas veces se pasan por alto. Cada unha destas divídese en escalas segundo a gravidade: amarelo, laranxa, vermello.
 As seguintes ilustracións son de Karen Hernández e serven de guía para detectar calquera acto de violencia. Podedes velas en "Nueva Mujer".




















25N: O poder da palabra

Miramos para atrás coa nostalxia que supón o tempo que voa. Comezamos o ano 2007: nove anos xa, nove anos de ilusión por este proxecto, nove anos de lecturas, nove anos en que as nosas vidas mudaron e se enriqueceron. Nove anos de compromiso. Nove anos de denuncia. Nove anos nos que asistimos impotentes a unha violencia que non cesa. Nove anos nos que tentamos educar en igualdade, na confianza de que o futuro poidamos construílo máis xusto. Nove anos nos que pretendemos empoderar as mozas que pasan polas nosas aulas.
Porén, asistimos con estupefacción a unha corrente oposta. Discutimos co alumnado e comprobamos como o mito do amor romántico, dan daniño, medra entre a adolescencia. Denunciamos canto podemos que o control non é amor, que os celos non son demostración, que a liberdade e a autoestima son a clave dunha vida plena.
Non desistimos. Tras nove anos, temos a mesma ilusión e o mesmo compromiso. Unímonos novamente para loitar contra esta lacra que non só remata coa vida de mulleres, senón que corta as ás de miles delas que, anónimas, deixan de voar.
Somos feministas porque procuramos a igualdade, único camiño da non violencia.
Somos feministas porque pretendemos a liberdade. Unha muller valente, unha muller alegre, unha muller viva. 
Por unha muller con poder sobre si mesma.



24/11/16

Cartas de inverno

Foi un momento de ledicia mesturada con tristura, de admiración eterna ao ler a cifra, de aperta a un libro que me lembra a dozura coa que me falaba sempre. Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz vén de ser reeditada por Xerais coa maxestuosa cifra de 100.000 exemplares vendidos. Cantos dis? Cen mil. Tento imaxinar a cen mil adolescentes lendo o libro ao mesmo tempo. E a vista non me alcanza. Pero si vexo o alumnado meu actual lendo cada día un seu libro; porque o meu alumnado ten dez minutos de lectura diaria e escollen a Agustín para gozar. E eu, profesora-bibliotecaria-toladoslibros gozo só con velos. Grazas Agustín, por darnos tanto. Ogallá teñas a túa ollada cómplice observándonos!
Esta edición vén acompañada das ilustracións de Antonio Seijas.
35 edicións.
En Galicia.

Feliz Día, Hombres

23/11/16

Frida

Hoxe tiven un agasallo espectacular. Que vai ser? Un libro, por suposto! Mellor dito, un álbum. Un álbum espectacular que vén de publicar a editorial Edelvives sobre a artista Frida Khalo, con texto de Sébastien Perez e ilustracións de Benjamin Lacombe.
Un libro con troquelados, con ilustracións a dobre páxina, con emoción e como afán de homenaxe. Un libro para abrir e volver a abrir unha e outra vez. Un libro para ensinar, con marcapáxinas, calendario e mesmo bolsa de papel para levar todo o paquete. Un conxunto espectacular que nos achega a obra de Frida e a súa vida, para sabermos máis da súa arte e do seu sufrimento, para sentir a emoción da súa poesía pintada. Hai, mesmo, anacos dos cadernos da pintora para que esta ollada sexa máis real, para que oidamos transportarnos ao seu mundo, incluíndo mesmo unha biografía.
Unha pasada!

Siena International Photo Awards 2016

Aínda outra vez, dende Cultura Inquieta 




















22/11/16

O galego non para

Dende Carta Xeométrica chegamos a esta nova marabilla do IES Chapela:

En menos de 15 minutos 120 persoas puxémonos de acordo para berrar alto e claro a todo o país que O GALEGO NON PARA, e que non estamos dispostos e dispostas a que a nosa lingua se conxele como un obxecto de museo. A música, o baile, a literatura, a xeografía, o pensamento, a gastronomía, o deporte, a chuvia… no marco dos muros dun instituto cuberto de Rosalía, Castelao e Celso Emilio, para dicirvos a todas e a todos con humor, mais en serio, que SEMPRE EN CHAPELA, SEMPRE EN GALEGO.

 

El círculo



Dave Eggers propón en El círculo, publicada por Penguin Random House, unha sociedade rexida e dominada polo ciberespazo, un futuro non moi afastado onde o dixital non só está por todas partes, senón que ao mesmo tempo é dominante e invasivo. O autor amosa unha sociedade que seguramente non estea moi lonxe, unha sociedade conectada e viral onde o culto á información é quen move os fíos das nosas vidas. Unha especia de "Gran irmán" que nos vixía constantemente.
Si, ten moito en común con obras como cmo 1984, pero a min non me gustou tanto. Está ben escrita, si, por descontado, e amosa a estrutura cláscia na que os feitos logran manter o suspense do lector, pero aínda que ten a virtude de "atrapar" a min deixoume con demasiados folgos a pesar do seu ritmo; mesmo coido que lle sobran un bo número de páxinas. Queda todo demasiado atado, sen permitir a reflexión do lectorado, sen xerar dúbidas, e iso que está escrita desde a intelixencia e o coñecemento da era de internet, facendo fincapé nas redes sociais.
Así que a pesar de ser unha lectura absorbente, non acabou de me encantar.


A tenrura do nadal

O aeroporto Heathrow de Londres lanza este vídeo tan especial: "volver á casa, o mellor agasallo"

Coming Home for Christmas

21/11/16

Inseparables

Podería pasar desapercibido, e afortunadamente non ocorreu grazas á prezada Paramio. Porque Inseparables de Mar Pavón e Maria Girón publicado por Tramuntana é algo máis ca un álbum bonito. Si, moito máis. Xa que achega un drama dun xeito tan sinxelo que consegue chegar directamente ao corazón, falando de infancias estragadas por causa da guerra. Terribles son as consecuencias destas. Tanto, que ata un zapato -un só, non lle cómpre o seu xemelgo- é capaz de denuncialas. E as guerras poden suceder en calquera lugar, outro dos acertos deste álbum imprescindible, que nos amosa unha casa e un lugar aparentemente feliz, sen pobreza e sen caos. Pero ata aí, ou sexa ata aquí, chega o drama da guerra. Ou pode chegar. E non deberiamos esquecelo cando miramos para outro lado.





Inversión de estereotipos

Velos a eles -machos- resulta totalmente ridículo, porque non estamos acostumadas a convertelos en obxectos sexuais. Por que non ocorre o mesmo coas mulleres? Porque estamos programados culturalmente. 




20/11/16

Dautremer (y viceversa)

Que libro nos trae a editorial Edelvives da obra de Rebecca Dautremer! Dautremer (y viceversa) é un libro de artista, no que se recolle o proxecto da ilustradora, ou sexa, os múltiples traballos que ten feitos, aqueles que coñecemos os que seguimos a súa obra e aqueloutros que permanecían inéditos. Asemade, o libro ábrese por ambos lados, xa que o que fai o entrevistador-guionista TaÏ-Marc Le Tahn, é ofrecer as dúas faces artísticas (e persoais?) da artista, por unha parte fala da súa parte realista e polo outro da súa cara soñadora. No libro veremos non só as ilustracións que a autora vai verquendo en diferentes libros, senón tamén fotografías e bosquexos. Unha xoia para aquelas persoas que gocen das ilustracións dela.




Non á violencia contra as mulleres (CDXCI)

19/11/16

Manual para mujeres de la limpieza

Un libro que non deberiamos deixar de ler é este Manual para mujeres de la limpieza de Lucia Berlin que publica Alfaguara. Do mellor do mellor, sen dúbida ningunha. Unha especie de biografía escrita en anacos, relatos nos que cun alento inquebrantable fala de si mesma, dende a súa condición de ser muller, para retratar o alcoholismo, a maternidade, o matrimonio, o fracaso, a adicción, a morte, os traballos diferentes de todas as condicións, os escenarios cambiantes, o caos... unha escritura real que non precisa de adubíos para ser literatura pura. Relatos reais sen artificios. Melancolía cotián. E sobre todo, magnetismo. Un imán que logra que o libro pouse aí, agardándote, sabendo que vas volver a el, que tes outros libros polo medio, pero que de cando en cando abrirás este Manual para rel e abraiarte cun novo relato, para pechalo novamente, e sentir que esa vida azarosa forma parte da túa, para prolongar a estadía desta convidada literaria que veu para quedar. E quedará, de seguro, para ser lido cun ritmo que ningún outro merece. Que vida a que agocha!


"Un indio viejo y algo con unos Levi's descoloridos y un bonito cinturón zuni. Su pelo blanco y largo, anudado en la nuca con un cordón morado. Lo raro fue que durante un año más o menos siempre estábamos en la Lavandería Ángel a la misma hora. Aunque no a las mismas horas. Quiero decir que algunos días yo iba a las siete un lunes, o a las seis y media un viernes por la tarde, y me lo encontraba allí."

Interpretación animada do Xardín das Delicias



Visto en Cultura Inquieta

18/11/16

El niño tras la ventana

Teño que recoñecer que a maioría das veces eu achégome a un álbum ilustrado tan só polas ilustración e por quen as fai, sen mirar o tema nin a autoría do mesmo. Así ocorreu desta volta con El niño tras la ventana, de Anne-Gaëlle Féjoz, ilustrado por Dani Torrent e publicado por Comanegra. Un libro que fala de autismo, de illamento, de medo, de escuridade, de terror a todo canto ao noso arredor. Pero que non o conta como algo alleo, como algo que se debe tratar, senón que con cada páxina viviremos intensamente a súa propia experiencia, esa que nos fala de que el está enfronte dun mundo que non comprende e do que nada quere saber, porque é un mundo capaz de tirarlle do seu carón todo aquilo que el precisa. Un libro sensible e necesario que me acaba de namorar.



Finalistas dos Comedy Wildlife Photography Awards 2016

Fundados por dous fotógrafos apaixoados da vida salvaxe, os premios tratan "Fundamentalmente sobre a conservación". Traballan coa Fundación Born Free, o benestar animal, e organizacións benéficas de conservación, que toman medidas en todo o mundo para salvar vidas, eliminar o sufrimento e protexer as especies en estado salvaxe. Máis información: comedywildlifephoto.com
Encántanme!
















Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.