Isaac Xubín é o autor deste libro de poemas que publica Xerais, Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey 2017, A cadencia da fractura. Poesía de cambio, de movemento, que fala de miseria e destrución, esa que tantas veces negamos. Valores que a sociedade actual foi esquecendo e valores que tememos que o futuro nin coñecerá. Avanzamos cara a unha sociedade que dá medo: violencia e derrota do ser humano. E o autor reclama unha chamada de atención, un berro en voz alta, un sonoro poético, unha fuxida cara a un futuro que non debe existir. Carga os versos de mensaxes crítica para que o lectorado pense, para activar os sentidos, para desactivar certezas, para profundar en esquemas interrogativos. De aí xorde a incomodidade, e a procura da resposta. Aquela que, quizais, podamos atopar conxuntamente para cambiar a sociedade. Aínda estamos a tempo.
"semella a perfección de todo aquilo que se achega
pola forza creativa do que é transpiración,
blasfemia e bioloxía"
"é cedo e chámome Problema"
Sen comentarios
Publicar un comentario