Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/06/17

Sol de mayo

A editorial Salamandra encárgase de publicar todos os libros de Antonio Manzini, e eu, claro está, de os ler. Así que aínda que teño pouco tempo, roubo uns minutos ao traballo para ler Sol de mayo. O autor, xa mo demostrou, sabe enganchar e volve conseguilo nesta entrega, que creo que me gustou un pouco menos, quizais porque xa o estou coñecendo moito, non sei. Pero aínda así penso seguilo nas súas próximas entregas. Sobre todo porque me gusta este detective politicamente incorrecto que loita por facer as cousas ben aínda que el sexa tan corruptible e ao mesmo tempo tan airado e negativo coa sociedade na que debe vivir. Aquí entra a crítica, ese desencanto que amosa ante a sociedade actual e o desprezo por personaxes que pretenden dar leccións de ética agochando a corrupción. Como adoita suceder, temos dúas tramas dentro da novela, historias policíacas e historias de amor, pero sobre todo reina o fracaso ou a incertidume existencial propia desta serie. Como propio desta serie é o humor, o sarcasmo. E o personaxe fantasma da súa muller encántame. Haberá que ver que ocorre proximamente.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.