Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/07/17

Sonámbulo

Curta de animación inspirada na poesía de Federico García Lorca e a pintura de Joan Miró:




Vía

30/07/17

Os días lebre

Tráenos Kalandraka un fermoso poemario de Clara López ilustrado por Marcos Viso: baixo o título de Os días lebre agóchanse poemas  emocionantes e emocionados ilustrados en tons pastesl, doces de sentimentos ambos, versos e ilustracións, para fuxir a unha infancia que se agochou no paso inquebrantable dos días, días lebre, efectivamente, porque correron tanto que xa fuxiron de nós. Liberdade que marchou con ese tempo dun animal que case voa, para agasallar asemade días tartaruga onde o tempo detense para que nos reconciliemos coa vida, coas sensacións, co cotián que nos depara, xaora, doces lembranzas para un futuro no que tornaremos outra volta coa sensación de días lebre. Entrementres, poesía con "restas que súen", "venres cansos", "verbos difíciles que van en parella", "días ceo" e "avoas que voan".
Dá gusto sentir así a poesía.

Odio que os días leven nome,
tamén en inglés,
e que os teña que saber,
e en orde.
Agardo unha guerra de días,
que se rebelen,
se confundan,
se disparen,
se disipen,
se comparen,
e se vexan,
como son,
todos, 
outra vez,
exactamente,
iguais.


Non á violencia contra as mulleres (DXXIV)

Hoxe tráiovos un poema inédito de Raúl Vacas, prezado amigo que vén de estar de aniversario e que nos agasalla sempre coa súa sabedoría humilde de sorrisos poéticos.


DE TU MALTRATO, TRATO
Monólogo de un maltratador

De nuestro amor ni un desacato acato,
que sea tu llanto del decoro coro
y mis caricias de tu aforo foro.
Sólo soy yo quien tu recato cato.
 
Y mientras grito y te desato, ato
tus labios a los míos, lloro oro,
juro otra vez que yo te adoro, doro
tu piel con celos, te maltrato, trato

de convencerte, amor: olvida, vida,
confía en mí y en mis promesas, esas
con que te até con desabrida brida.

Júrame aquí que estas pavesas besas,
que no harás nunca de tu huida ida,
que son tus dudas por impresas presas.

29/07/17

Gran Bot, Pequeño Bot

En Libros del Zorro Rojo podemos atopar este libro de contrarios despregable de Marc Rosenthal: Gran Bot, Pequeño Bot. Un álbum para a rapazallada máis pequena poboado de robots retrofuturistas que propoñen xogar canda eles para descubrir oito composicións cheas de humor achegan pistas sobre un xogo de contrarios. Ademais, as vivas cores atraerán máis a este público pequeno infantil.


28/07/17

Guía del viajero

Xenial e simpática esta Guía del viajero que nos propón Thule edicións da man de Jessica Lehrer, Rick Lightstone e Alice Murray. Unha guía imprescindible para repasar antes de planificar e realizar ningunha viaxe, xa que sobre todo vén cargada de advertencias que se nos poderían pasar por alto!
Para sorrir.

27/07/17

La sed

Jo Nesbo nunca decepciona, e desta volta tampouco o fai con La sed, publicada por Roja & Negra. Seguro que non é o seu mellor libro (Petirrojo segue a ser o meu predilecto) pero está entre os mellores. Un libro altamente adictivo que mantén o lectorado aferrado ás súas páxinas ata a última letra, porque ese "Fin" resulta ser, asemade, ficticio (un final aberto que promete). E deste xeito, volveremos a pensar cal será o libro que nos entristeza co final da saga, coa morte do protagonsita, coa despedida. Seguimos a ter un Harry Hole cheo de conflitos persoais, que teme á felicidade coa que remataba a anterior novela, por non saber conservala, que cae nos infernos para tentar saír continuamente e ás veces logralo; pero tamén temos moitos outros personaxes fascinantes, xa non tan secundarios, que seguen a desenvovler unha vida propia nesta saga. O mellor da historia é, novamente, que sexa tan impredicible, que nos soprenda con cada novo xiro, en cada reviravolta... e hai unhas cantas.
Unha gozada, está claro.

“Se dice que lo que lleva a matar son los celos y se habla de celos mórbidos, del síndrome de Otelo, pero en realidad es la ambición”

26/07/17

Annus Horríbilis

Tivo a editorial Kalandraka a magnífica idea de poñer á nosa disposición os textos cos que celebrar os 30 anos de Chévere, unha compañía especialmente talentosa dentro do noso panorama teatral. Desta volta, Annus Horríbilis sitúanos en clave de "opereta?" nunha intriga entre dúas liñas dinásticas inimigas, con loitas e romances ilexítimos. O bo de termos o texto é, para min, completar aquilo que se me esscapou mentres vin a representación, pois ao non estar acostumada a este tipo de espectáculos non é doado seguir todo o texto cantado polos personaxes, ademais de considerar que se fai un pouco longa de máis polas súas dúas horas con descanso.
A obra é unha especie de parodia da ópera con crítica política estruturada en dous actos que resultou unha ousadía no seu tempo. Unha sinxela posta en escena -lembra a Les Luthiers-, onde o director fala ao comezo de cada acto para realizar unha graciosa introdución. Logo, números musicais variados e sketchs cómicos, algúns efectos de luces moi convincentes e algunhas secuencias moi ben construídas.

Volver a velo é a mellor homenaxe a Fran Pérez, sempre no noso corazón.


25/07/17

Le Clitoris



Vía

24/07/17

La sustancia del mal

Procurando un libro que me enganchase cheguei a este anunciado como "o trhiller do ano": La sustancia del mal de Luca D'Andrea, publicado por Alfaguara. Recoñezo que non surtiu o efecto desexado, sendo un libro que se deixa ler e que destaca pola súa ambientación, xa que esta é unha personaxe máis do libro, as montañas nevadas e o seu perigo, a aldea que decide properar co turismo..., si a paisaxe de Dolomitas é esencial no libro e ocupa boa parte das súas páxinas. Por outra parte, utiliza frases curtas e capítulos pequenos, que axudan á axilidade lectora. Máis ca un Trhiller é para min unha novela psicolóxica, posto que o que desencadea a "investigación" (se se puidese chamar así) é un accidente mortal que provoca que o noso protagonista sufra diferentes episodios depresivos. E por aí tamén hai moito que explorar: a súa relación coa familia, cos amigos, cos veciños, todo isto é unha parte fundamental, máis que a resolución dun crime que tivo lugar hai bastantes anos, e que é un fío condutor, outro máis, do libro. Iso si, este non se cortará ata a última páxina, dándolle un novo interese a esta lectura que é, sobre todo, lixeira.


23/07/17

Una familia salvaje

Una familia salvaje de Laurent Moreau está publicado por Libros del Zorro Rojo. Un orixinal álbum que destaca as virtudes e as particularidades de cada membro da familia (dozura, xenerosidade, timidez...), identificándoas con características animais: leóns, xirafas, osos... aí poderemos buscar asemade a nosa propia personalidade. A que amimal nos achegamos máis?


Non á violencia contra as mulleres (DXXIII)

20/07/17

Jorge Drexler - Telefonía


Las cloacas de Interior

19/07/17

Ruralita

Outra versión de "Despacito: "Ruralita", de mozas gandeiras. Moi bo.



Cómo encender un dragón apagado

Divertido álbum de Didier Lévy e Fred Benaglia que publica Libros del Zorro Rojo: Cómo encender un dragón apagado é unha historia de amizade en clave de humor. Como consolar un dragón? Ao noso protagonista ocórreselle de todo, e así o reflicten as ilustracións e a tipografía, que xoga coas dimensións para integrar o texto e a imaxe, nun resultado único: valorar a amizade e o amor por riba de todo. Ideal para un lectorado pequeno polo xogo constante que nos ofrece cada páxina, polas cores tan vivas e porque o sorriso comeza xa na portada.

18/07/17

Yes God Yes



Vía Cultura Inquieta

A veces la lluvia

Fermosísimo este álbum publicado por Thule de Ainara Bezanilla e Zuzanna Celej titulado A veces la lluvia, unha reflexión sobre o rápido que pasa o tempo dende que un fillo ou unha filla nace ata que se fai maior, dende que depende da súa nai e/ou de seu pai ata que se converte en independente. Un libro cheo de sensibilidade reforzada polas doces e suaves ilustracións que acompañan o texto. 
Aquelas que somos nais sentirémonos identificadas co libro, pero non cómpre selo para admiralo, porque a sensibilidade do conxunto atrapa dende a portada.


17/07/17

Vivir sin temor

16/07/17

Brújula

El gran libro de los instrumentos musicales

 Este gran álbum de Pronto publicado por Edelvives é en realidade un catálogo ilustrado dos instrumentos musicais. Un catálogo ben completo, onde se agrupan por familias os instrumentos e onde ademais hai unha gran variedade de obxectos, ademais dunha chiscadela humorística ou unha pequena historia relacionda con cada sección. Así, temos un compendio interesante e ilustrativo que ensina e entretén sobre o mundo da música, dos sons e das orquestras. Asemade, atopamos un vocabulario específico de accesorios. 
Ou sexa, un libro imprescindible en calquera biblioteca para sabermos un pouco máis sobre o mundo da música.


Non á violencia contra as mulleres (DXXII)

"Tú eres la flor de tu vida".
Prevención contra a violencia de xénero no IES María Pérez Trujillo.



Vía

14/07/17

La llave

Na editorial Tramuntana podemos atopar este fermosísimo álbum de Susana Peix e Cristina Serrat, La llave, un libro con sabor a conto clásico que namora dende a portada, e que chama á súa posesión por esa contraportada cun oco para a chave (aquela que asemade é marcapáxinas), esa que non só dá título ao libro senón que abre o noso maxín ao mundo dos soños. Soños con arrecendo ao mundo de princesas e raíñas, de reis e cerralleiros, de solucións e de valores, de emocións en fin.





13/07/17

El animal perfecto


Raquel Díaz Reguera publica na editorial Nubeocho este divertido álbum, El animal perfecto. Un fermoso libro que reflexiona sobre iso que procuramos nos humanos, ou nos animais, coma neste caso, e que en realidade non existe: a perfección. Por iso a nosa protagonista terá que buscar unha mestura de todos aqueles rasgos que sobresaen nos animais, posto que todos eles teñen tanto que ofrecer. Asemade, todas as páxinas ofrecen unha información "sorprendende" sobre o animal en cuestión.
Gústame moito esta ilustradora, desta volta cunhas ilustracións doces e tenras ao mesmo tempo que divertidas, nun álbum que vén a nós cheo de forza optimista e que nos lembra que todos temos cualidades esenciais e que nas diferenzas está o mellor da natureza, o que nos enriquece.

12/07/17

Caracol, onde estás?

Publica a editorial Kalandraka este clásico de Tomi Ungerer titulado Caracol, onde estás?, un libro que é en realidade un xogo, desta volta un xogo visual, moi axeitado para un lectorado moi novo, xa que ademais non contén case palabras. Así, páxina a páxina iremos procurando un caracol agochado, ou máis, porque a súa forma está en moitos máis lugares dos que a priori poderiamos supoñer. En cantos lugares podemos atopar unha espiral? E na natureza, onde están? E nas cousas que fabricamos? Xoguemos con este autor que utiliza cores intensas para xogar con nenos e nenas na procura dun caracol quen, xoguetón, fará acto de presenza na última folla.

11/07/17

Chiquilladas

Na editorial Impedimenta podemos atopar este libriño, Chiquilladas de Gérard Dubois, unha parodia dos libros pedagóxicos máis antigos e que en realidade constitúe un catálogo humorístico de maldades case surrealistas as máis delas. E este surrealismo vén detallado por unha estética vintage que fai que o libro sexa irresistible xa mesmo sen abrilo. Pero cando se follea, porque non se le, senón que se "mira", sorrimos ante a crueldade da nenez que nos trae ecos de Edward Gorey.




10/07/17

Os fillos do lume

Rescata Pedro Feijoo as personaxes protagonistas de Os fillos de mar, Simón e Mariña, para unha nova intriga onde Vigo, a súa orixe, así como a orixe da historia moderna galega, é protagonista nunha novela de acción que engancha o lectorado dende a primeira liña, porque Os fillos do lume, publicada por Xerais, recupera esa acción trepidante que Pedro Feijoo xa nos ofrecera anteriormente para agasallarnos unhas cantas horas pegadas ás súas páxinas. 
Hai moitas historias dentro desta historia, moitas temáticas nas súas liñas, un algo de novela histórica, outro belisco de novela de aventuras, unha miaxiña de novela romántica, un pouco de novela negra, e un tanto de crítica social. Todas elas conforman dúas tramas principais que iremos debullando pouco a pouco, saboreando o verán que comeza con pouco calor para derreternos coa novela, esa da que non saberemos en tantas ocasións se está inventada ou se ten algo de realidade, esa que nos bisbea que vaiamos buscar nas enciclopedias canto de invención nos artella no medio da realidade ou ao revés, mentres paseamos por un Vigo actualizado, por un Vigo con personalidade propia, dende a súa fundación ata a súa modernidade. Tanto, que teremos que repasear Vigo, axiña, para termos cultura e formación das súas rúas e das súas casas. Feijoo reivindica a súa cidade novamente, sabendo que a vai pasear co lectorado, ávido de pisar as rúas da man de Simón e de Mariña. Volveremos a 1809 e regresaremos ao presente, pescudaremos e confirmaremos a afouteza de noso que soubo defenderse da invasión napoleónica.
De fondo, sempre o humor, a retranca propia deste autor. Aínda que coido que ás veces abusa e perde poder con algunhas expresións e insultos que chega a utilizar en exceso. Por exemplo, non resulta moi verosímil a conversa que mantén o vello Tristán cun dos "malos" porque non parece axeitada esa forma de falar no vello. Hai momentos nos que coido Pedro debería coidar máis a linguaxe. Pero, claro, é a miña opinión.

09/07/17

Cosas de chicos

Curta protagonizada polos actores Daniel Brotóns, Ignacio Montes e Raúl de la Torre, que se poñen na pel de centos de mulleres cada día. Dende un punto de vista cómico desenvolven situacións cotiás narradas por tres homes.
Vía

04/07/17

La légende de la chèvre qui connaissait le vrai sens de la montagne

Absurda, bastante. Sen palabras



Vía

03/07/17

The story of an idea




Vía Cultura Inquieta

02/07/17

22 segundos

Cando remata o curso síntome tan cansa que non teño nin folgos para ler, e temo que esa "crise lectora" perdure. Pero lin 22 segundos dun grolo, así que teño a esperanza de dala por rematada.
22 segundos de Eva Mejuto, publicado recentemente por Xerais, cóntanos unha historia necesaria para achegarnos ao mundo transexual dun xeito sinxelo. Interésame a lectura por varias razóns, e o libro, xa digo, lese nun salaio, ten un valor seguro na súa intensa brevidade, e no tema, tratado tan "normalmente". Por que escollo esta palabra? Porque aínda hoxe vemos, lemos, percibimos, en xeral, este tema como algo "raro", "alleo" e debemos achegarnos a el, coñecer unha realidade que é, ben seguro, impactante polo sufrimento que acarrea aos seus protagonistas, nenos e nenas que non se senten recoñecidos nun corpo que a sociedade denominou "es neno, es nena". Cantas veces escoitamos ou pensamos que a transexualidade está ligada á prostitución? Nos últimos tempos está a mudar este descoñecemento, pero o libro é necesario e acaído para unha franxa de idade que tamén se está a formar como persoas. Moi, moi necesario. Coido que non existía aínda un libro así na nosa LIX, e este non enche, pero si comeza, ese oco necesario porque necesario é falar deste tema dende o respecto e a empatía. Como se afirma na novela, hai que falar das cousas, hai que nomealas, a visibilización é necesaria, rachar o silencio é importante porque falando é posible entenderse. Todo aquilo que non se pode falar, que non se chega nin a discutir, permanece nun escuro salón do que non se emerxe.
Hai pouco o noso alumnado asistiu aquí en Lalín a unhas xornadas con mozos e mozas trans. Viñeron absolutamente todos e todas emocionad@s e impactad@s por escoitar as súas experiencias en primeira persoa. Así que este libro completaría esa formación xa iniciada. Estou certa de que lles vai interesar. Moito.
Parabén, Eva, por esta nova vida literaria.



Non á violencia contra as mulleres (DXXI)


Esta acción de Ecuador foi idea do colectivo  LEITMOTIV e da artista Alejandra Bueno para denuncia o acoso que sofren as mulleres ao pasear pola rúa. As mulleres empodéranse e saen á rúa a pitar contra unha condición de macho que se cren cuns dereitos que non teñen.

Que te quede claro que TU ACOSO VERBAL Y NO VERBAL no me agrada, me hace sentir como un objeto y SOY PERSONA, tengo valores y personalidad, y me gusta que me quieran por como pienso.


01/07/17

Au fil de l’age

As avoas viven sempre no noso corazón:



Vía Cultura Inquieta

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.