Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/06/18

Brancavenes e os 77 ananiños

Xa falamos aquí de Cincenta e as zapatillas peludas, e agora volvemos con Brancavenes e os 77 ananiños, do mesmo autor,  Davide Cali, de sobra coñecido, e mesmo ilustrador Raphaëlle Barbanègre , por suposto publicado por Xerais. Unha reinterpretación do conto clásico que nos vén dada xa no título: son 77 os ananiños, e non 7. Partindo desta base, podemos supór que sería impensable coidar de tanta xente. Así que imos ter unha moza afouta e independente como protagonista que se afasta da desvalida Brancaneves orixinal. Con esta moza, o autor propón novamente cuestionar os estereotipos aceptados até o de agora que teñen impedido a igualdade de educación de nenos e nenas. Así, destacará que no fogar todas as tarefas se deben realizar de xeito colaborativo entre todas as persoas que viven nel. Brancaneves é un exemplo de resilencia e capacidade de resolución, así como toparemos outra muller que exerce a sororidade con ela para colaborar na solución dos seus problemas.
Unha historia que dá a volta á historia.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.