Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/03/19

Los días felices

Tiven moita sorte: unha persoa especial agasalloume un libro ben especial: Los días felices de Bernat Cormand (autor que xa me manorou con El niño perfecto) publicado por A Buen Paso. Un álbum con dous protagonistas, dous nenos, que encontran o un no outro o compañeiro ideal; hai amor, amor inocente, o primeiro amor. Ata que chega a marcha, o abandono, a dor. E a ledicia das lembranzas, a importancia que estas posúen. Falar das características deste amor con suavidade, cunha ilustracións delicadas nas que non caben ningún tipo de estridencias cromáticas, está tan ben conseguido que o álbum nos envolve e recolle no seu seo. E nese seo o lectorado atopa as respostas do respecto. Do Amor.


30/03/19

Matemáticas e desigualdade

Unha ferramenta inesperada para entender a desigualdade: as matemáticas abstractas.

Dende "Mujeres con ciencia"

Unha conferencia da Dra. Eugenia Cheng


29/03/19

Nin malas nin vosas

A música que escoitamos é un reflexo do que somos como sociedade. Hai un machismo que nos pasa moitas veces desapercibido pero que nos impregna de misoxinia, afianzando uns roles de xénero moi perigosos.



28/03/19

Feminismo ou barbarie

Charla de PilarAguilar sobre o seu libro


27/03/19

Diversidade sexual

26/03/19

SK-II: Marriage Market Takeover

No ano 2016, a empresa asiática de beleza SK-II lanzou este vídeo sobre a realidade de moitas mulleres naquel lado do mundo: as coñecidas como "mulleres sobrantes".
Un vídeo que nacía como apoio ás que queren vivir de maneira totalmente libre e independente, a pesares de todo o que iso supón para coa cultura á que pertencen.
E a pesares de que o mundo da beleza tamén ten moitos peros, o certo e que o vídeo é digno de ver para coñecer as súas historias.


24/03/19

Se isto é un home

Sempre é unha celebración termos un tradución na nosa lingua, e máis se é un imprescindible coma este; coido que non só é imprescindible, senón que tal como está a actualidade debería ser obrigatorio (aínda odiando esta palabra para a lectura). Falamos do libro de Primo Levi e o seu Se isto é un home publicado por Xerais.
Achegarse ao horror da man de quen o viviu. Vivir no inferno. Ler este libro é queimar a alma con cada frase. Porque cada frase, cada palabra, penetra no corazón. E penetra porque non é ficción. Queima porque sabemos que todo é real, que todo pasou, que o HORROR, así, en maiúsculas, foi a vida desas persoas. E queima máis porque o crime está realizado por outras persoas. Persoas sen escrúpulos, sen humanidade. Pero persoas eran. 
E a supervivencia. Esa maldita supervivencia. Ese instinto que nos domina. Apertar calquera obxecto, calquera anaco de pan para sobrevivir. Converternos en animais pero sobrevivir. Porque os campos de concentración son máquinas que converten as vítimas en animais.
Seguramente xa coñecedes o libro. Eu agradezo que estea en galego. E agora non me cansarei de recomendalo.
Porque aínda que nos horrorice, gústanos. Aínda que nos provoque arcadas sermos humanos.

23/03/19

Viaxeiros. Animais extraordinarios

Un novo libro dunha colección extraordinaria e necesaria na nosa lingua, a de “Viaxeiros” que edita Faktoría K de Libros. Desta volta, co título de Viaxeiros de Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández. Seguimos falando de divulgación científica, algo que ben cómpre no noso idioma, aínda que se están dando grandes pasos, quizais nunca suficiente polo retraso evidente que levabamos. Un mundo a descubrir este dos animias, arredor das migracións que algúns destes fermosos animais realizan, con perigos, na procura da súa supervivencia. 
Percorrede os camiños con eles. Ás veces, andaredes miles de quilómetros, pero pagará a pena. Asemade, será doado porque a linguaxe utilizada é cercana e asequible. Aprendede ao mesmo tempo que vos abraiades pola natureza que nos rodea. Esa que está en perigo de extinción sempre por culpa do ser humano.

22/03/19

Sobre o cambio climático

Que é o cambio climático? Que pode ocorrer se seguimos a enviar gases á atmosfera?


21/03/19

Música daniña

 Un instituto de Cuenca realizou este vídeo que denuncia a música que a xente nova escoita. Porque coa música faise dano, especialmente á mulleres.


20/03/19

O raposo aviador que voa sen motor

Xa botabamos de menos a Antonio Reigosa e o seu sentido do humor e amor polos raposos, listos e argalleiros. Desta volta, en O raposo aviador que voa sen motor publicado por Xerais, imos vivir unhas divertidas aventuras raposeiras xunto co protagonista, un moi destemido aviador que é quen de voar e de aterrar sen se facer dano... despois de moitas fuciñadas, claro. Porque a aprendizaxe é lenta e leva un tempo, paciencia e tenacidade: todas estas cualidades tenas o noso raposo.  Un libro para ler... e para xogar.
Ilustracións ben fermosas de Laura Cortés.

O plástico mata

 Campaña para denunciar como o plástico mata a vida mariña.

Como non cambiemos hábitos de consumo e reciclaxe o planeta non o resistirá. E como unha imaxe vale máis ca mil palabras, a ONG Sea Shepherd vén de lanzar unha agresiva campaña publicitaria para preservar a vida da fauna mariña.
Unha bolsa de plástico pode parecer inofensiva, pero non o é: representa un sufrimento extremo ou mesmo a morte para miles de animais nos océanos.





Fotografía vía PADI






Sea Shepherd 4 medioambiente plastico vida salvaje camapaña oceano protesta






Desde aquí

19/03/19

Orestes perde o sentido!

 Simpático libro este que nos trae Rosa Aneiros co título Orestes perde o sentido! publicado por Xerais e ilustrado por Kiko da Silva. O seu protagonista é un rapaz afeccionado aos videoxogos que un día esperta e o seu mundo non parece moi real; pero ten que axudar a súa irmá a recuperar un osiño de trapo de seu. E para isto terá que non esquecer as regras dun xogo que ten moito que ver coa seguridade vial. Así, a lectura leva ao lectorado máis novo por este mundo que poucas é tratado de xeito divertido e ameno. Un tema que podía ser pedagoxicamente aburrido, convértese aquí nunha divertida aventura que educa case sen percatarnos. Así que ollo a como cruzamos a estrada ou se usamos ou non casco. Ah! Hai que mirar ben o semáforo! Non o esquezades (é que en Lalín non hai...)!!!

O que deberían saber os médicos sobre a identidade de xénero

Kristie Overstreet ten a misión de asegurar unha atención médica á comunidade transxénero. Nesta charla axuda a entender a identidade de xénero e convídanos a replantexar a nosa perspectiva sobre a atención médica das persoas transxénero, coa fin de que todos e todas sexan tratadxs de xeito digno e respectuoso cando acoden a unha consulta.

La identidad de género es un espectro con la masculinidad a un extremo y la femineidad en el otro. Este espectro de identidades incluye categorías como la no conformidad con el género, la conformidad con el género, el género no binario, de dos espíritus, de tres espíritus, y también intersexuales. 


18/03/19

Sen estereotipos

17/03/19

O último barco

Seguramente, este era un libro moi agardado. Fíxose de rogar Domingo Villar, pero aterrou cun libro de case 800 páxinas. Así que cando chegou a min pensei que ía tardar unha eternidade, en plena época de exames e de actividades varias. Porén, e curiosamente, O último barco publicado por Galaxia, déixase ler de tal xeito que as páxinas corren case sen decatarnos. O curioso é que semella que non pasa nada en case 600 páxinas, e aínda así, non aburre. Eu, acostumada á novela negra moi negra, onde cada capítulo constitúe un novo sobresalto, quedaba abraiada: lía e lía sen cansar e a pesar da pouca negrura das páxinas; e cada 100 pensaba: pero se non pasou ren!!! E quería seguir, porque pagaba a pena a lectura.
 Domingo Villar segue a homenaxear a Vigo e arredores. Describe de vagar os lugares reais -para xa un percorrido literario- e recréase na cidade. Con moito diálogos e capítulos curtos, investigamos canda o protagonista, Caldas, unha desaparición, e facémolo de xeito reflexivo, completando os ocos que o autor nos propón. Paseando Vigo e a súa ría. Realmente é unha novela negra pouco negra, porque é un libro sobre a soidade, sobre o amor, a sobreprotección, pero tamén unha lembranza de respecto cara a aqueles que son diferentes. 
Dá gusto deixarse arrastrar pola literatura.



"Sempre combativa". Enxebres. Lingua de signos

"Sempre combativa" é um tema de Enxebres, grupo de pandereteiras -e regueifeiras- do IES Marco do Cambalhom das Cruzes: Nuria, Lorena, Aleixandra, Marta, Alba e Carla.

15/03/19

Sing for the Climate

14/03/19

15M

Mañá, o noso alumnado estará de folga por unha causa que ben o merece. Axudemos a loitar contra o cambio climático:

13/03/19

Alfabetomuller

 “Strong Women Font” é un alfabeto que rende homenaxe a grandes mulleres da historia que contribuíron a facer do mundo un lugar un pouco mellor.
Visto en "Soy bibliotecario".





12/03/19

Agora non, Bernardo

Inquedante si que é este clásico de David McKee que agora a editorial Kalandraka pon á nosa disposición na nosa lingua: Agora non, Bernardo, que estamos moi ocupadxs. Pais e nais deberían ter como lectura obrigatoria (eu, que estou en contra dese tipo de lectura!!!) libros coma este, a pesar dos estereotipos de xénero que presenta. Obviándoos, observamos como este álbum é un espello de moitos fogares: non, o neno non está mal atendido, que non; ten de todo (de se escribir arestora tería un móbil e videoxogos) pero fáltalle o máis importante. Cantas veces estamos sen estar? Non deixemos que os monstros nos devoren. Por favor.



11/03/19

Cornelio

 Os libros de Leo Lionni saben debuxar un sorriso no lectorado, ese que permanece ao pechalo e queda impreso no ar durante bastante tempo. Ten esa habilidade, unha que só os grandes, moi grandes, posúen. Cornelio é un crocodilo que non se conforma, que quere saber máis que aquilo que semella estea escrito para el e para os da súa raza; pero non se amilana facilmente, e a súa curiosidade, enorme, permite unha aprendizaxe que parecía imposible. Grazas a aquela procurará novos lugares, lugares imposibles a priori. Pero non é tan difícil se realmente é o que se quere. Grazas á curiosidade poderá aprender el pero o mellor é que, a pesar do aparente desprezo, detrás virán máis que tamén quererán saber. Porque as portas do coñecemento non son pechas: deixémolas abertas sempre. Non nos rindamos. Manteñamos a curiosidade de canto haxa por descubrir. E é tanto!!!
En Kalandraka, claro.



10/03/19

Nana para elas

09/03/19

Que é a prostitución?

08/03/19

Jota de la Huelga. Ajuar

Hoxe paramos

#folgaestudantil
#folgalaboral
#folgadecoidados
#folgadeconsumo

07/03/19

Rexurdimente

 Dende Sermos:


 'As Rosalías inspiran!'. Así o afirman De Vacas, o cuarteto galego que leva uns anos poñendo patas arriba a música galega e que agora, ás portas do 8M, vén de publicar nas redes sociais 'Rexurdimente', o encontro entre Rosalía (a nosa) e Rosalía (a outra) en base a 'Malamente'.
Como elas propias escriben no seu Facebook: “Rexurdimente das vacas e revolta feminista, con Rosalía á cabeza. Hoxe lembrámola pra mañá facer folga con vós. Levamos un tempo traballando nesta homenaxe, con este traxe garaxe personaxe. Agardamos que desfrutedes da escoita igual que nós facéndoa... non tanto polo que vale, senón polo que significa. Avoas, nais, irmás, amigas, e a colaboración dunha tremenda personalidade xitana, forte e libre, como a de Lorena. Grazas infinitas”.


Malvaloca

06/03/19

Vivas

VIVAS, Mulleres con discapacidade intelectual cantan pola igualdade.

05/03/19

HAKA 8M IES SON FERRER

 Alumnado do instituto Son Ferrer de Calvià protagonizan un "haka" feminista. O motivo: lembrar que o feminismo é igualdade.

https://www.diariodemallorca.es/mallorca/2019/03/04/8m-alumnas-ies-son-ferrer/1397144.html?fbclid=IwAR0EU56w1aI9jk3QK13vPYCw9N_3tJxU2B1ShNLuRkM6WW9y5p7zH0SIjtc


04/03/19

Dream Gap

03/03/19

FEMINISIMO para torpes

FEMINISIMO para torpes: Son feminazi? #8M


Non á violencia contra as mulleres (DLXXV)



02/03/19

Sempre hai un lugar para a poesía (CLI)

Poema dun aliado feminista, Miguel Gané


“No, calladita no estás más guapa.
Tú eres preciosa cuando luchas,
cuando peleas por lo tuyo,
cuando no te callas
y tus palabras muerden,
cuando abres la boca
y todo arde a tu alrededor.
No, calladita no estás más guapa,
sino que un poco más muerta,
y si algo sé sobre ti
es que no he visto a nadie,
jamás,
con tantas ganas de vivir.
Gritando.”





Ilustración de Alba González Cantalapiedra para o libro "Ahora que bailas" de Miguel Gané

01/03/19

Mulleres bravas da nosa historia: Pepa a Loba

Creo que non vos falara aínda desta fantástica colección que a editorial Urco está publicando de a pouco: Mulleres bravas da nosa historia. Hoxe teño nas mans o último libro publicado, Pepa a Loba, con texto de Ledicia Costas e ilustracións de Eva Agra
Trátase dunha desas coleccións que todo neno e nena da nosa terra debería coñecer, e que debe estar en todas as bibliotecas públicas e escolares. Aínda que hoxe traia este libro, os anteriores son igual de importantes, porque están escritos por mulleres que defenden en primeira liña a nosa Literatura, e fano dende a súa posición de escritoras. Esta é unha das características destacables da colección.
Ledicia Costas cóntanos a figura de Pepa a Loba dende a perspectiva dunha nena que a admira e que a coñece grazas a unha figura esencial na súa vida: a avoa. Esta será quen poña no seu coñecementos as aventuras da nosa bandoleira. Así que temos un conto moi real entre as mans.
Dá gusto que as editoriais galegas se sumen a un carro esperemos que imparable de recoñecemento das mulleres. Esas que nunca estiveron nos libros.

Hai que empezar xa

 Greta Thunberg (2003), activista contra o cambio climático, participou no agosto pasado nas folgas estudiantís realizadas fronte ao Parlamento sueco para tentar xerar conciencia sobre o cambio climático.Nesta conferenia solicita unha acción inmediata ante a grave situación provocada polo cambio climático

 Vía

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.