Impresionoume a lectura deste álbum. Unha parodia, unha sátira que deixa mal sabor de boca porque por desgraza pensamos rapidamente nunha persoa de carne e óso, unha persoa que existe e que tamén sente o mesmo que este protagonista. Un ditador que se cre que é infalible. Medo dá. E que mal sabor de boca deixa a súa lectura por lembrarnos a realidade crudelísima que vivimos.
Ninguén coma min de Ignacio Chao e Eva Sánchez, publicado por Kalandraka, recibiu a mención do xurado do XI Premio Internacional Compostela
de Álbum Ilustrado. Unha metáfora, si, pero tamén unha parodia ao final que non consegue facernos esquecer a tiranía, o elitismo, a incomprensión, a insolidariedade, a tiranía... Un deses libros necesarios porque son reais, porque nos lembran que non debemos permitir que estean aí. Porque só uníndonos podemos construír un mundo no que a tiranía non exista. Seremos capaces de construílo???
"Son un dos grandes persoeiros deste país recóndito, con rol de náufrago, reo de si. Eu, que pertenzo a unha estirpe pobre, vulgar, afeita a vivir coa cabeza abaixada, son agora o elixido…"
Sen comentarios
Publicar un comentario