Elvira Ribeiro e Noe Caamaño son as artífices deste álbum publicado por Apiario baixo o título Ola! Son un bicho bóla!. Un libro que nos achega con sorrisos cómplices á natureza, e fano dun xeito que sempre funciona coa rapazallada máis pequena: co carácter acumulutivo do texto e os "bichos bóla" que non son outra cousa que aqueles animais que son quen de enrodelarse en si mesmos á
vontade. Animais que coñecemos e que seguramente se de nós dependese non chamariamos "bichos bóla", pero con doses de humor e con moita simpatía por parte dos propios protagonistas iremos coñecendo. Asemade, estes animais caracterizaranse polo seu carácter aberto e inclusivo, tanto que ata organizarán un club para celebralo.
Moi ocorrente e enxeñolo. A miña gata tamén é un "bichos bóla". Únoa a este club tan feitiño!
Sen comentarios
Publicar un comentario