Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
28/05/20
Can´t Stop The Feeling
Sisters in The House é un coro de soul de Galicia, composto na súa totalidade por mulleres. Gravaron dende as súas casa e cos seus móbiles esta canción para alenta o confinamento.
Atoparalo en Música
27/05/20
Sin dejar rastro
Gustoume
esta entrega de Salamandra
Black: Sin dejar rastro de Haylen Beck.
Unha desas novelas negras que permiten que te evadas do mundanal ruído (ou sen
ruído) para devorar as súas páxinas, mentres sofres cunha muller vítima de
violencia de xénero e vítima de moito máis. Porque aínda que o libro entre de
crequenas na rede escura, esa que tantos argumentos dá á novela negra, consegue
un punto de tensión en todo momento. Ben construídos os personaxes, xa que
todxs elxs teñen un lado máis escuro ou máis claro. Quizais destaque aquí a
vulnerabilidade aparente da muller protagonista, de quen descubrimos a súa
fouteza capaz de loitar ata o extremo por aquilo que máis quere: os seus
fillos. Por iso este libro convértese nunha chea de emocións constantes, polo
terrible que pode ser unha sociedade que xulga sen análise previa e que é quen
de xogar coa infancia como se de obxectos se tratase.
Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Violencia de Xénero
23/05/20
Sempre hai un lugar para a poesía (CLX)
El humo en nuestro cabello
El aroma de la madera al arder resguarda
los recuerdos más tenaces.
Mesquite, cedro, pino, enebro,
todas son distintas.
El mesquite es el aire seco del desierto y un suave invierno.
El cedro y el pino son memorias frías.
El viento invernal en nuestro cabello desaparece
y en su lugar se anida el aroma del humo.
Todo el día paseamos
acompañados de ese olor reposando en nuestros hombros.
El aroma más dulce retiene los recuerdos más intensos.
No sentamos alrededor del fuego.
Los sonidos de la madera al crepitar y arder
son breves.
Como los recuerdos, el humo impregna nuestro cabello,
nuestra ropa, todas las capas de nuestra piel.
El humo ingresa a lo más profundo
del corazón de la memoria.
No importa que tan lejos
caminemos lejos del fuego,
siempre llevamos esta esencia con nosotros.
En Nueva York, Francia o Alemania,
al volver a sentir el aroma de la madera al arder,
regresamos a casa.
los recuerdos más tenaces.
Mesquite, cedro, pino, enebro,
todas son distintas.
El mesquite es el aire seco del desierto y un suave invierno.
El cedro y el pino son memorias frías.
El viento invernal en nuestro cabello desaparece
y en su lugar se anida el aroma del humo.
Todo el día paseamos
acompañados de ese olor reposando en nuestros hombros.
El aroma más dulce retiene los recuerdos más intensos.
No sentamos alrededor del fuego.
Los sonidos de la madera al crepitar y arder
son breves.
Como los recuerdos, el humo impregna nuestro cabello,
nuestra ropa, todas las capas de nuestra piel.
El humo ingresa a lo más profundo
del corazón de la memoria.
No importa que tan lejos
caminemos lejos del fuego,
siempre llevamos esta esencia con nosotros.
En Nueva York, Francia o Alemania,
al volver a sentir el aroma de la madera al arder,
regresamos a casa.
Ofelia Zepeda
Atoparalo en Poesía
21/05/20
Una Odisea
Daniel Mendelsohn tráenos Una Odisea: un padre, un hijo, una epopeya, publicada por Seix Barral, unha revisitación e unha auténtica explicación do libro, ao mesmo tempo que unha viaxe excepcional de coñecemento familiar entre fillo e pai. Ambos compartirán a Odisea e as vidas, co que isto conleva de silencios, descoñecementos, cariño e preguntas que ás veces teñen resposta e outras quedan suspensas no ar. Porque o libro reflicte unha relación que, como outra calquera, está feita de perdas, de distanciamentos, de apertas, de malentendidos, de afastamentos, de achegamentos, un vaivén que nos provoca dende a distancia un arrepentimento e unha ollada diferente ás nosas propias relacións familiares. Todo isto adobiado por unha auténtica explicación do libro orixinal, con todas as claves posibles que este poida ter.
Por iso o libro ten dúas lecturas: un ensaio sobre a obra de Homero e unha novela autobiográfica (ou autoficcionada) da relación entre os protagonistas. Ambas partes unidas convértense así nunha reflexión sobre a familia e as relacións que se establecen nela, a educación... o reencontro. É dicir, sobre a vida, formada por tantos fíos visibles e invisibles que nos van tecendo e destecendo como fai Penélope.
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Seix Barral
20/05/20
De Lalín a Galiza
Vídeo Homenaxe polo día das Letras Galegas feito por Máisquedanza, a Galiza, durante a corentena da COVID-19, á súa Terra, á súa cultura e artistas .Cun poema de Ricardo Carballo Calero coa música de Benxamín Otero e a voz de Celso Fdez Sanmartín.
Atoparalo en Galicia, Letras Galegas, Música, Poesía
19/05/20
Pallozas
Vídeo filmado polo etnógrafo Jesús Álvarez Courel no ano 1986 e que foi recuperado nos últimos días pola Biblioteca Municipal de Ponferrada. O vídeo, que fora feito máis de tres décadas atrás, fixérase por encargo deste Concello e atopábase esquecido entre os fondos da Biblioteca Municipal.
Atoparalo en Galicia
17/05/20
Día das Letras Galegas
A Semente Trasancos homenageia Carvalho Calero com a divulgaçom do seu primeiro poema em galego
Atoparalo en Efemérides, Galicia
16/05/20
13/05/20
Que dicir?
Este experimento quixo concienciar sobre a dor que provoca o racismo:
Atoparalo en Racismo
11/05/20
10/05/20
El show de las marionetas
Papeino, literalmente. Foi empezar e non poder parar de ler. Así dá gusto! El show de las marionetas de M. W. Craven está publicado por Roca Editorial. É un deses libros de novela negra con investigadores que desexas que sigan existindo en novelas posteriores. Se consegue manter o nivel, Craven será un dos grandes. Un dos acertos máis grandes, ademais da propia trama, que dá de si, son os personaxes, sobre todo a personaxe feminina, aparentemente tan fráxil, e dotada da mellor forza: a intelixencia. Un libro que conta con moitos xiros e sorpresas e que aínda que vai deixando pistas, non é para nada previsible. Todas as pezas conxugan un puzzle moi ben construído sen ningún oco. Tamén resulta atraente o espazo: unha rexión descoñecida totalmente (para min) do Reino Unido, un lugar máis ou menos remoto onde só hai ovellas e néboa. Boa escolla!
Moi recomendable.
Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Roca ed.
09/05/20
08/05/20
06/05/20
05/05/20
04/05/20
02/05/20
01/05/20
Contra todo isto
Manuel Rivas compila en Contra todo isto, publicado por Xerais, un conxunto de traballos que amosan o seu bo facer xornalístico, sempre impregnado de voz literaria. Unha voz rebelde que anima á reflexión e a ollarnos e ollar en derredor con perspectiva crítica, a non deixarnos encarreirar, submisión que a sociedade pretende. Por iso Rivas critica a sociedade precaria na que vivimos e anímanos a tentar cambiar unha realidade que non nos gusta e da que tantas veces agochamos a vista e non queremos nin enxergala. Rivas convida a cuestionarnos e cuestionar. Convida á reflexión. A ollar cara a cara a corrupcios, o machismo, o feminicidio, a redución da liberdade... e con este enfrontamento lembrarnos que podemos loitar contra a desmemoria e facela feble. A loita vén acompañada de fórmulas de boas prácticas como medir o Balance do Ben Común en lugar do PIB; deseña por tanto carreiros de futuro, porque despois de loitar "contra todo isto" hai esperanza, e porque agora mesmo hai asemade situacións que pagan a pena porque conmocionan e alegran, porque existe a solidariedade e o activismo. De aí que debamos sacar a venda dos ollos que nos atenaza e que tantas veces nin sentimos porque como ovellas lévannos da man e procuran que non pensemos.
Agora máis ca nunca, con todo o que está a pasar, precisamos da nosa propia reflexión e loitar pola formación dun posible mundo novo.
Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos, Xerais
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.