Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
16/10/10
A memoria da lingua
Atoparalo en Actualidade, ENL, Galicia, Linguaxe
Flores de Dunsinane
Manuel Lourenzo é o autor desta peza dramática Flores de Dunsinane publicada por Xerais, Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2009.Difícil peza sobre a conciencia e os remordementos dos humanos nunha reinterpretación do Macbeth, uns remordementos que os personaxes principais desta obra expoñen inda despois de mortos, posto que son tan fortes que non poden descansar en paz. A loita eterna entre a cobiza e a lealdade, tantas veces representada e nunca esgotada, dá pé á reflexión das poucas personaxes que esta obra contén para achegarse aos espectadores/lectores posto que esta loita está sempre presente na vida cotiá. Máis nestes tempos non que nada se valora agás o diñeiro.
E tede en conta que falamos apenas de 46 páxinas!
Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos, Teatro, Xerais
O desexo e a realidade
Vía
Atoparalo en Documental, Escritores, Historia, Tecnoloxía
15/10/10
El hombre de papel
Planeta publica este curioso cómic de Milo Manara, El hombre de papel. Ambientada no afastado Oeste, na máis pura tradición dos filmes americanos, dous homes ven como o exército quere acabar cos indios e eles tentan evitalo. Ademais, historia de amor mestiza con final tráxico: non podía ser doutro xeito.Interesante sen chegar a ser imprescindible.
Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Planeta, Recomendamos
A escravitude do século XXI

Neste caso son as grandes firmas da industria deportiva as "beneficiadas". Segundo un informe do diario británico "The independent", máis de 280 fábricas de Nike, Puma e Adidas violan as normas laborais: de 479 fábricas inspeccionadas de Nike, 168 non cumprían an normas, o que conleva a total indeferenza cara ás normas que eles memos se impuxeran. Unha de cada cinco non proporcionou contrato aos traballadores, non tiña negociación colectiva, forzaba a menores a traballar e traballábase sete días á semana sen descanso. Os salarios, como non, non chegaban aos mínimos suxeridos pola empresa.
Isto é escravitude. E falamos só de marcas deportivas.
Vía
Atoparalo en Dereitos Humanos, Igualdade, Sociedade
14/10/10
Comunicado do ENDL de Cuntis
Frankenstein
Máis que recomendable.
Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Parramón, Recomendamos
Desprezo absoluto
Vía
Atoparalo en Actualidade, Dereitos Humanos, Fundamentalismos, Sociedade, Violencia
13/10/10
Ciencia en galego
Atoparalo en Actividades, Ciencia, ENL, Galicia, Linguaxe
Auga responsable
Atoparalo en Animación, Curtas, Medio Ambiente
12/10/10
A viaxe de María
Tamén ten peli.
Vía
O Rei Oso Branco
O Rei Oso Branco e outros contos marabillosos é o título deste libro de Tim Bowley, ilustrado por Óscar Villán e publicado por Kalandraka. Precioso libro que nos leva de viaxe en cada conto por mundos marabillosos cheos de príncipes, princesas, problemas que se resolven, maxia e colorido, na máis pura liña clásica de contos para soñar. Dez relatos que nos deixan tan bo sabor de boca que na sobremesa decidimos, ao pechar o libro, pechar os ollos e seguir soñando, coma nenos que acaban de descubrir a fantasía da literatura. As ilustracións que acompañan o inicio de cada relato son así mesmo maxia no papel.Atoparalo en Ilustración, Kalandraka, Lectura, Libros, Recomendamos, Tradución
Que bonito é Panamá!
Veredes como vos axuda a soñar.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Kalandraka, Recomendamos, Tradución
11/10/10
Libidinis
Vía
Asasinato no Consello Nacional
saturou tanta política interna bloqueira que é, maxino, un dos morbos principais da novela, e que ata por veces me chegou a causar algo de preguiza cambiar os nomes ficticios polos reais, tan claros sempre. Encantoume a figura do detective, sobre todo a súa retranca, unha característica moi presente nas conversas da obra e que, desgrazadamente, está a se perder na nosa vida cotiá, unha vítima máis da presión castelá. Un detective tan orixinal que practica o pensamento budista e que, maxino, debeu custar longas horas de información ao autor sobre o tema.Na liña máis moderna da novela policiaca -xa sabedes que me encanta- o autor noveliza, ou non, sobre a crise interna do BNG e a loita polo poder que hai dentro do partido -lede o Galicia Confidencial: O BNG dedica todas as súas enerxías á loita polo poder interno-, con amplitude de miras e de visións da realidade social, dando pé a diferentes opinións e deixando aos personaxes que se expresen libremente, algo moi de agradecer. Non só iso, senón que nos ofrece unha minuciosa análise da vida política e social galega desde os comezos da democracia. Dende este punto de vista é unha novela no máis moderno camiño da novela negra actual: aquela que non só trata dun crime senón que tacha as eivas da sociedade; neste caso, a pouca cohesión que existe dentro do BNG e o que estamos a pagar despois das eleccións do 2009.
Como boa novela negra mantennos en tensión ata o final, un logro inequívoco, pois, desta obra, que se permite chiscar coa Guerra Civil para nos lembrar os horrores e as inxustizas naquela época cometidos e tantas veces esquecidos. Unha época tan presente na nosa Literatura e que non quere despistarse da pluma de Ameixeiras, aínda que ás veces semella que esta parte temática sexa introducida case de crequenas, posto que pouco ou moito ten que ver coa investigación criminal.
Recoñezo que me encanta que o autor se decidise por esta persoal homenaxe a Manuel Vázquez Montalbán, ben merecido o ten.
Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Novela negra, Recomendamos, Xerais
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.








