Vía
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
06/05/11
Pure Funk Animation
Un home loita pola liberdade nun mundo onde a música está fóra da lei. Unha curta dirixida por Marc Adamson con CGI de Simon Ashberry.
Vía
05/05/11
Abro a xanela e respiro o aire fresco da fin do mundo
Un título tan grande encerra en si mesmo unha pequena xoia, unha alfaia que combina imaxes coa forza dos versos de Chus Pato, Carlos Negro, Celsiño e Álvaro Negro, autor das fotos tamén. Unha combinación perfecta para un libro que goza dun lugar privilexiado nos andeis: autores de Lalín para gozar, sentir, pasear, reflexionar. Unha obra de arte que reflicte a conspiración destes autores, que crea a palabra exacta rodeada da imaxe axeitada. Unha edición privilexiada e coidada en todos os seus detalles.
«Os textos incluídos no volume xiran arredor dun conxunto de imaxes espidas de calquera rótulo ou indicación que permita identificalas. Son todas elas retallos do cotián, dotados por veces de narratividade. Nelas o autor adopta a mirada do anxo que observa desapercibido entre a xente, representado no mítico filme de Wim Wenders Ceo sobre Berlín.»
«Os textos incluídos no volume xiran arredor dun conxunto de imaxes espidas de calquera rótulo ou indicación que permita identificalas. Son todas elas retallos do cotián, dotados por veces de narratividade. Nelas o autor adopta a mirada do anxo que observa desapercibido entre a xente, representado no mítico filme de Wim Wenders Ceo sobre Berlín.»
Atoparalo en Fotografía, Lectura, Letras Galegas, Libros, Poesía, Recomendamos
Eu falo Galego porque... SI
Mañá imos con todo o alumnado da ESO ao Correlingua da Estrada, polo que aproveitamos para trer aquí este vídeo, realizado baixo a coordinación do Equipo de Dinamización Lingüística e a colaboración do equipo da biblioteca do IES Fontem Albei , que resultou gañador do Concurso Correlingua 2011, destinado a promocionar o noso idioma. Parabéns para o IES Fontem Albei de Fonsagrada pola súa calidade e orixinalidade.
04/05/11
El Muro
Peter Sis é o autor de El Muro. Crecer tras el telón de acero, publicado por Nor
ma editorial. Un moi bo libro para achegar a explicación dos totalitarismos ao noso alumnado máis novo: como é vivir baixo unha ditadura, non poder expresar as túas opinións, non poder vestir como a un lle gusta, non poder pintar nin expresarse... estar baixo a continua tortura da censura e do medo, sabendo que son as propias familias quen poden traizoarte. O autor relata o antes e o despois da vida en Praga, o optimismo da revolución e as consecuencias nunca pensadas, o día a día dunha vida marcada polo odio e a súa posterior fuxida cara á democracia. Como explicar o que é vivir así? O mellor xeito: un cómic sinxelo que nos atrapa dende a primeira ata a última páxina. A vontade de vivir en liberdade e deixar atrás os horrores da represión é o fío condutor deste magnífico libro que só pretende deixar de agochar todo o que había detrás dun muro vergoñento que os humanos nos empeñamos en construír para afastarnos uns dos outros. Valados que aínda hoxe existen e que non conseguimos (ou queremos) derrubar.
ma editorial. Un moi bo libro para achegar a explicación dos totalitarismos ao noso alumnado máis novo: como é vivir baixo unha ditadura, non poder expresar as túas opinións, non poder vestir como a un lle gusta, non poder pintar nin expresarse... estar baixo a continua tortura da censura e do medo, sabendo que son as propias familias quen poden traizoarte. O autor relata o antes e o despois da vida en Praga, o optimismo da revolución e as consecuencias nunca pensadas, o día a día dunha vida marcada polo odio e a súa posterior fuxida cara á democracia. Como explicar o que é vivir así? O mellor xeito: un cómic sinxelo que nos atrapa dende a primeira ata a última páxina. A vontade de vivir en liberdade e deixar atrás os horrores da represión é o fío condutor deste magnífico libro que só pretende deixar de agochar todo o que había detrás dun muro vergoñento que os humanos nos empeñamos en construír para afastarnos uns dos outros. Valados que aínda hoxe existen e que non conseguimos (ou queremos) derrubar.Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Norma, Recomendamos
Rap contra o racismo
Desta volta teño que dar as grazas ao meu ex-alumno Dani, xa que el quen me manda a entrada para hoxe. Dani. O que sempre escribía ben. O que nunca estudaba nada. O que nunca cometía faltas de ortografía. O que segue aí, do outro lado.
Moitas grazas. Teño a profesión máis bonita do mundo, sobre todo con alumnado coma ti.
Moitas grazas. Teño a profesión máis bonita do mundo, sobre todo con alumnado coma ti.
03/05/11
Machinima
Curta baseada nun conto de Cortázar co mesmo título:
Nunha vila de Escocia venden libros cunha páxina en branco perdida nalgún lugar do volume; se un lector ou lectora dá con esa páxina cando dan as tres da tarde, morre.
Música de Claus Gahrn youtube.com/user/clausgahrnNunha vila de Escocia venden libros cunha páxina en branco perdida nalgún lugar do volume; se un lector ou lectora dá con esa páxina cando dan as tres da tarde, morre.
Film de Glasz DeCuir filmado no metaverso.
Nina Katscher é o avatar do personaxe protagonista.
Vía
15º
Non sei cantas veces chegaría aos nosos correos, redactado, en pps... agora mándanmo en vídeo... e sempre é bo rir un cacho, non?
Atoparalo en Humor
02/05/11
Música pintada
Escribe Carmen Sanmartín no PLAMBE: Veño de facer un curso con Polo Vallejo, músico, compositor e prestixioso etnomusicólogo, quen nos amosou esta marabilloso vídeo, mestura de música e poesía:
Aos ollos, non ás tetas!
A actriz francesa Marion Cotillard protagoniza unha parodia onde se burla da obsesión dos homes polos peitos da muller. Segundo ela, as mulleres míranse como obxectos sexuais, especialmente no traballo. Por iso o clip xoga coa "dificultade" que teñen os homes para mirar unha muller aos ollos mentres falan. Cal é a solución para non mirar ás tetas?: esta é de fácil aplicación, reutilizable e de variadas formas e cores.
Vía El Ventano
01/05/11
Old Spice "Jungle Wilderness"
Estupenda publicidade que manda o amigo Cibrán:
Atoparalo en Publicidade
Todos a ler
Programa de experiencia con premio: Lectura en voz alta nun centro de Arxentina.
Todos os días facemos este exercicio en Diversificación: un novo álbum ilustrado. O día que non levo ningún, hai protestas. Agora xa son eles ou elas quen os len. Unha gran experiencia!
Todos os días facemos este exercicio en Diversificación: un novo álbum ilustrado. O día que non levo ningún, hai protestas. Agora xa son eles ou elas quen os len. Unha gran experiencia!
Vía
Atoparalo en Fomento da lectura
Non á violencia contra as mulleres (CC)
El Corazón Azul representa a tristura de quen é vítima da trata de persoas e lembra a insensibilidade de quen compra e vende outros seres humanos
Atoparalo en Igualdade, Muller, Publicidade, Violencia de Xénero
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.





